Ponteatro clausura a súa edición máis exitosa colgado o ‘Non hai entradas’ en todas as funcións.

As seis propostas tiveron lugar no Teatro Principal os xoves entre o 9 de outubro e o 13 de novembro.

Con temáticas diversas e de actualidade chegaron da man de 4 compañías galegas e dúas de fóra do país.

Preto de 2.600 persoas gozaron con ‘Cortello de amor’ de Amorodio Teatro, ‘Carmen, nada de nadie’ de Teatro Español e Tablas y más tablas, ‘As desterradas’ de Producións Excéntricas. ‘Nevenka’ de Histrión Teatro, ‘Go home’ de Etiqueta Negra e ‘Un deus salvaxe’ de Talía Teatro.

O edil de Cultura Demetrio Gómez salientaba ao fin desta edición a resposta do público pontevedrés: “Ponteatro é un ciclo consolidado que sempre funcionou moi ben, mais desta volta deuse a circunstancia especial de ter esgotado as localidades en todas as sesións”.  Un agradecemento que fixo estensivo ás compañías, persoal técnico e de organización, por ter feito posible unha tempada máis de Ponteatro.

Após a última sesión das 6 programadas, confírmase que a resposta do público superou todas as expectativas cun aumento do 25,67% con respecto a edición de outono de 2024.  A cifra de asistentes pasou de 2.053 persoas en 2024 a 2.580 en 2025. Un incremento de máis do 25% na asistencia que reflicte a boa sintonía do público de Pontevedra coa programación, que pretendía reunir o mellor do teatro galego e estatal, ofrecendo unha mostra diversa do panorama escénico actual.

En menos de 24h. desde o seu lanzamento esgotáranse os 50 abonos dispoñibles, motivando a activación doutros 40 que duraron apenas un par de horas. A partir dese momento, a venda de entradas por espectáculo funcionou a bo ritmo, esgotando as localidades na venda anticipada días antes de cada representación.

As obras que conformaron o cartel desta edición foron ‘Cortello de amor’ de Amorodio Teatro, ‘Carmen, nada de nadie’ de Teatro Español e Tablas y más tablas, ‘As desterradas’ de Producións Excéntricas. ‘Nevenka’ de Histrión Teatro, ‘Go home’ de Etiqueta Negra e ‘Un deus salvaxe’ de Talía Teatro.

Compartir publicación: