O espazo, destinado a cativada e familias, acolle máis de 4000 títulos de literatura infantil e xuvenil e permanecerá aberto ata finais de decembro os martes de 17.00 a 20.00 h. e os sábados de 11.00 a 13.00 h.
En datas sinaladas como Samaín ou Nadal, acollerá programación especial con obradoiros ou contacontos.
A entrada é libre pero é preciso asociarse para poder levar exemplares para casa.
A cativada da cidade poderá gozar a partir deste sábado 4 da Cova dos Libros Fantásticos. Un espazo lector, de encontro e xogo, acondicionado para que as familias con nenos e nenas accedan aos máis de 4.000 libros que conforman o fondo do Salón do Libro.
Esta primeira xornada contará entre as 11.30 h e as 12.30 h coa visita da afamada e querida mascota Orbil que dará a benvida a quen se achegue ás instalación. Nos próximos meses e ate o 30 de decembro, o horario de apertura será martes de 17.00 a 20.00 horas e sábados de 11.00 a 13.00 horas.
Tal e como vén sendo habitual o acceso á Cova é de balde mais compre formalizar o carné de socio/a para, amais de gozar dos libros no propio espazo, poder levalos emprestados para casa durante uns días
A organización avanza que contará con programación especial relacionada co Samaín, o magosto, o Día da Música, Nadal e outras datas sinaladas que anunciarán directamente ás familias e tamén nas redes sociais do Pazo da Cultura e o Salón do Libro.
Tamén apunta que por mor dos festivos do 1 de novembro e 6 de decembro, permanecerá pechada.
