Aínda se poden retirar entradas para coñecer ao segundo/a presentador/a da Gala dos Feroz 2026 

No Teatro Principal desvélase mañá, ás 18.00 horas, ao segundo condutor/a dos Feroz 2026 que acompañará a Samantha Hudson.

Manterase unha charla-coloquio coa persoa escollida. 

No Teatro Principal desvélase mañá, 15 de setembro, á segunda persoa que conducirá a gala dos Premios Feroz 2026 xunto a Samantha Hudson. Farase nun acto público ás 18.00 horas, aberto a toda a cidadanía –previa retirada de entrada na caseta de turismo de Montero Ríos– no que os asistentes poderán participar nunha charla-coloquio coa persoa escollida, un dos segredos mellor gardados da presente edición.

Con esta presentación arranca a programación previa dos Premios Feroz 2026 que chega á cidade “con moita ilusión”, en palabras da concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías. Tal e como rematou a pasada edición, a concelleira pretende que os protagonistas dos premios Feroz volvan a ser os pontevedreses e pontevedresas que en 2024 acompañaron a toda a programación durante catro meses de proxeccións, debates, mesas redondas, clases maxistrais…

Quen desexe seguir gozando do mellor cinema e das series de TV máis actuais, aínda pode retirar a súa entrada –de balde– na caseta de turismo de Montero Ríos que xa entregou arredor de 220 convites. 

Compartir publicación: