Máis de 130.000 euros para actividades lúdicas neste Nadal

A Xunta de Goberno Local aprobu esta mañá a sinatura do convenio coa Deputación provincial para o desenvolvemento de actividades culturais, de lecer e de promoción da cidade que se executarán durante o Nadal.

O alcalde explicou, despois da Xunta de Goberno, que o convenio contempla o gasto de 132.000 euros que serán achegados con cargo aos 2,5 millóns de euros que lle corresponden ao Concello de Pontevedra dos fondos provinciais.

Compartir publicación: