Este ano, como novidade convócase o premio Centro Oceanográfico de Vigo á mellor investigación en ciencias mariñas de entre todas as categorías de participación en Pontenciencia.
O concelleiro de Educación, Demetrio Gómez presentou esta mañá unha nova edición de Pontenciencia que se celebra este vernes, 9 de maio e sábado, 10 de maio, na facultade de Forestais. Demetrio Gómez explicou que esta Feira “é a culminación do traballo de todo o curso” que se realiza colectivamente. De feito, xunto a el estaba Luís Torres, da Vicerrectoría do Campus de Pontevedra; Pablo Otero Tranchero, do Instituto Oceanográfico de Vigo; Ángel Villar, subdirector xeral de Carpintería Celleda; Casimiro González, de Viaqua; Manuel Fernández, apoderado de Setga, e Iago González, de Cristalería Pontevedresa. Todos representantes das empresas que colaboran con Pontenciencia amosando “o seu compromiso con esforzos como este, con Pontevedra, coa educación, tamén co feito de que, sen a investigación, estas empresas, sen o seu carácter punteiro, estas empresas tampouco serían posíbeis”, explicou Demetrio Gómez.
Nesta edición participan:
Na modalidade de Ciencia no cole hai una participación de 10 centros educativos de educación primaria con 14 investigacións:
- CEIP de Parada – Campañó
- Sagrado Corazón Pontevedra
- CEIP Santo André de Xeve
- CEIP Froebel
- CPR Calasancio
- CEIP de Cabanas
- CPR Sagrado Corazón Praceres de Lourizán
- CEIP Daría González
- Colegio Los Sauces Pontevedra
- CEIP de Ponte Sampaio
Na modalidade de Ciencia en Familia, participan 7 familias con 6 investigacións.
Nos Premios Xoves Investigadores (ESO, Bacharelato, e FP), 6 centros participantes con 14 investigacións:
- IES Gonzalo Torrente Ballester
- IES Montecelo
- IES Luís Seoane de Monteporreiro
- Sagrado Corazón Pontevedra
- CFEA Lourizán
- Colegio Los Sauces Pontevedra
Programa
Venres, 9 de maio
- Ciencia no cole (Primaria)
- 10:00h-11:30h Exposición dos proxectos ao xurado.
- 10:00h-13:15h Participación dos colexios nas diferentes actividades.
- Premios de investigación 2025 (Secundaria, Formación Profesional e Bacharelato).
- 16:30h-18:30h Exposición dos proxectos ao xurado.
- 16:30h-19:30h Visita libre aos proxectos “Ciencia no Cole”.
- 18:30h-19:30 Visita libre Stands Premios de Investigación 2025.
Sábado, 10 de maio
- Ciencia en familia (Primaria)
- 10:00h-11:00h Exposición dos proxectos ao xurado
- 11:00h- 13:30h Visita libre Stands: “Ciencia en Familia”, “Ciencia no Cole” e Premios de Investigación 2025.
- 10:00h-13:30h Actividades de acceso libre para o público.
- 13:30h Acto de entrega de diplomas e premios no Salón de Actos
- 14:00h Clausura e petiscos de confraternización entre os asistentes.
A feira conta cunha chea de actividades sobre diferentes disciplinas entre as que se atopan: astronáutica, astronomía, bioloxía, ciencias do deporte, cociña, divulgación científica, electrónica, enxeñaría forestal, enxeñaría industrial, física e química, fotografía, matemáticas, mineraloxía, xadrez, etc.
As principais accións de Pontenciencia son:
- Obradoiros de formación no método científico. O obxectivo é explicarlles como realizar unha investigación, o protocolo a seguir de maneira lóxica e organizada e como conseguir que os resultados sexan reproducibles e confiables. Ao mesmo tempo, pretenden facilitar a participación na feira e a comprensión e valoración persoal de outros proxectos. Realizáronse tres tipos de obradoiros durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo:
- aos escolares de 5º e 6 º de Educación Primaria que participan co seu centro educativo. Este obradoiro realízase dentro da aula en horario lectivo.
- ás familias que participan cos seus fillos/as de educación primaria (7-12 anos). A través das ANPA convócanse obradoiros en xornada de tarde dirixidos ás familias que desexen participar no feira.
- aos estudantes de Formación Profesional que participan con seu centro. Este obradoiro realízase dentro da aula en horario lectivo.
- Creación dos comités científicos. Paralelamente aos obradoiros constitúense comités científicos, formados por mestres/as e investigadores do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e do CSIC, que aportan propostas de investigación a disposición dos participantes. As videopropostas de investigación que presenta cada comité están fundamentadas e documentadas de modo que facilitan a comprensión e participación dos escolares. Este ano graváronse 9 videopropostas de investigación.
- Realización das investigacións. Nesta acción realízanse proxectos de investigación que formarán parte da exposición de Pontenciencia (feira da miniciencia), e ao concurso. Elabóranse entre os meses de xaneiro e maio.
- Celebración da Feira Pontenciencia. Dentro da feira desenvólvese o Concurso Pontenciencia, cuxo obxectivo é poñer en valor e dar visibilidade aos proxectos de investigación presentados. As bases de participación recollen as características que se valoran tales como orixinalidade do proxecto, metodoloxía realizada, presentación de resultados, …
A feira está dividida en tres sesións:
- Ciencia no cole (venres pola mañá): Presentación dos proxectos de investigación dos centros de ensino participantes (5º-6º primaria).
- Xoves investigadoras/es (venres pola tarde): Presentación dos proxectos de investigación dos centros de ensino secundario aos Premios de Investigación 2025 “Homenaxe á muller investigadora”.
- Ciencia en familia e Premios (sábado pola mañá): Presentación dos proxectos de investigación das familias participantes (alumno primaria-familiar).
O programa inclúe a presentación ao xurado dos traballos realizados e tamén aos participantes e público asistente para fomentar o intercambio de coñecementos. A Feira está aberta á cidadanía con acceso libre o venres tarde e sábado pola mañá.
Os premios
- Ciencia en familia e ciencia no cole.
- Premios de investigación 2025 “Homenaxe á muller investigadora”: Estes premios organízanse para incentivar as vocacións investigadoras e incentivar a creatividade e o enxeño entre os máis mozos/as (ESO, Bacherelato e FP) é ao mesmo tempo, para facer visible o papel das mulleres investigadoras ou pioneiras en calquera ámbito do coñecemento. Os premios están patrocinados por empresas colaboradoras que destacan pola súa labor en I+D+i: Marine Instruments, Carpintería Ceyeda, SETGA, VIAQUA y Cristalería Pontevedresa Os cinco traballos coas puntuacións máis altas recibirán un premio de 300 € cada un.
- Premio Centro oceanográfico de Vigo: Este ano, como novidade convócase tamén O Premio Centro Oceanográfico de Vigo á mellor investigación en ciencias mariñas que premiará a mellor investigación neste ámbito de entre todas as categorías de participación en Pontenciencia.
Pontenciencia
Pontenciencia é un proxecto organizado pola Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra en colaboración coa FECYT – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, que ten como obxectivo desenvolver o pensamento investigador entre as/os máis xoves. O proxecto pon ao alcance dos cidadáns un conxunto de ferramentas e actividades que proxecten unha visión dinámica e atractiva da ciencia, a tecnoloxía e a innovación para poder celebrar unha feira de ciencias, que denominamos Pontenciencia. Este ano será a décimo segunda edición.
O proxecto conta cunha serie de actores principais:
- Alumnado de educación primaria (que pode participar a través de dúas modalidades): Ciencia no cole e Ciencia en familia.
- Alumnado de educación secundaria, bacharelato e formación profesional que participa nos Premios de investigación 2025.
- Comités científicos (formados por profesorado universitario da Universidade de Vigo, e persoal investigador do CSIC, tanto do Centro Oceanográfico de Vigo como da Misión Biolóxica de Galicia).
- Cidadanía en xeral.
Obxectivos:
- Achegar a ciencia e a innovación dende o máis próximo e o cotiá.
- Promover a comprensión de conceptos ou fenómenos científicos.
- Espertar a curiosidade e o interese científico a nivel persoal/ colectivo
- Estimular a participación cidadá en procesos científicos.
- Visualizar a ciencia entre os nenos/as e o público en xeral.
O proxecto está financiado a través da “Convocatoria de axudas para o programa de cultura científica e da innovación” da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología FECYT – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.