Zafarrancho de limpeza nas rúas Entrevías e Otero Pedraio 

A Concellaría de limpeza viaria dirixida por Xaquín Moreda realiza esta semana un zafarrancho de limpeza nas rúas Entrevías e Otero Pedraio

A limpeza farase na madrugada do xoves. A zona de estacionamento estará valada durante a semana prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal. 

O zafarrancho farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

2024-10-15 11:15:31 5 zafarrancho-de-limpeza-nas-ruas-entrevias-e-otero-pedraio-2

Compartir publicación: