Pontevedra presentou no Teatro Circo de Albacete ante máis de 200 entidades a creación do parque forestal da Fracha realizada no marco da súa estratexia DUSi, cofinanciada pola Unión Europea a través do FEDER e o POPE 2014-2021. Este proxecto foi considera boa práctica por parte das entidades estatais.
A intervención da concelleira responsable do Monte, María José Abilleira permitiu explicar en que consistiu o proxecto que fixo varios quilómetros de sendas peatonais, ciclistas e un circuito de BTT. Tamén serviu para plantar un gran número de árboles e plantas de especies autóctonas e eliminar invasoras o que incide favorablemente na prevención de incendios.
O parque forestal da Fracha foi realizado coa colaboración das mancomunidades de montes, que cederon parte dos terreos para uso público.
2024-10-08 11:05:07 5 o-parque-da-fracha-presentado-como-boa-practica-no-pechedos-fondos-da-estratexia-dusi