O Concello inicia así unha nova xeira de colaboración coa agrupación musical que permitirá unha progración estable durante este ano, o próximo e o seguinte.
Serán un total de 12 concertos que incluirán música popular, zarzuela, música sacra ou opera, amais de propostas especiais para o Samaín, o Nadal ou relacionadas coa chegada dos Premios Feroz á cidade.
Varios centros sociais, o Mercado Municipal, diferentes igrexas e o Teatro Principal serán os escenarios que acollerán as propostas da agrupación musical entre o 5 de outubro e o 22 de decembro.
Todos eles, independentemente do seu lugar de celebración, comparten a característica de ser con entrada de balde ata completar cabida.
O concelleiro de Cultura Demetrio Gómez presentou esta mañá acompañado de acompañado de Magui Martínez (Secretaria da asociación Musical de Pontevedra) e Nicolás Leiro (subdirector da BMP) a programación da agrupación musical que terá lugar entre o 5 de outubro e o 22 de decembro.
O edil manifestou que “é un día importante para o Concello e creo que tamén para a Banda de Música de Pontevedra porque comenzamos unha nova xeira de colaboración que vai permitir durante este ano, o próximo e mailo seguinte, ter unha programación estable da Banda de Música de Pontevedra en Pontevedra, que nos vai permitir asistir a concertos de esta agrupación pontevedresa tan importante, gozar de pezas de todo tipo e especialmente das que son exclusivas da banda, compostas para ela, que é algo realmente interesante. Hoxe é un punto e seguido, comenzamos unha nova xeira de programación”.
A secretaria da asociación Musical de Pontevedra quixo destacar que “o ciclo que presentamos hoxe é moi intenso e variado. Son 12 concertos que comezan xa este sábado 5 e ratan co concertó de Nadal que temos o 22 de decembro. Están organizados por temática e espazo’
Dividida en bloques temáticos e con diferentes espazos como escenario, a Banda de Música de Pontevedra celebrará un total de 12 concertos. A música popular, a música sacra, a zarzuela, a ópera, os musicais ou as bandas sonoras serán protagonistas dunha programación que contará tamén con especiais polo Samaín, os Premios Feroz e o Nadal.
Diferentes centros socioculturais das parroquias, o Mercado Municipal, varias igrexas e o Teatro Principal serán os escenarios escollidos para que a música chegue a cada recuncho da cidade.
O subdirector da banda, Nicolás Leiro, responsable da sección de Música Popular “que é a música de antes, a que escoitabamos os domingos cando tocaba a banda, e tamén cos arranxos que se fixeron e que só nós temos e se van interpretar aquí” quixo agradecer a toda a xente da asociación e do Concello que “está detrás destes concertos. Hai moita xente detrás que estivo apoiando”
Concertos de Música Popular (dirixidos por Nicolás Leiro Álvarez)
– 5 de outubro ás 19h. na Casa Cultural de Monte Porreiro
– 12 de outubro ás 20h. na Casa Verde de Salcedo
– 20 de outubro ás 19h. na Casa Cultural de Campañó
Concerto Samaín (dirixe Rafa Agulló Albors)
– 31 de outubro ás 20h. no Mercado Municipal de Pontevedra
Concertos de Música Sacra (dirixidos por Marcel Van Bree)
– 19 de outubro ás 20.30h na Igrexa de San Francisco
– 26 de outubro ás 21h na Igrexa de Santa María
– 2 de novembro ás 20h. na Igrexa de San Xosé (Campolongo)
– 16 de novembro ás 21h. na Igrexa Virxe do Camiño
Concertos no Principal
– 9 de novembro ás 20h. ‘De viaxe coa lírica’ – zarzuela, ópera e musicais baixo a dirección de Rafael Agulló Albors
– 30 de novembro ás 20h. ‘Concerto Feroz’ – Bandas sonoras baixo a dirección de Rafael Agulló Albors
– 1 de decembro ás 12h. ‘Grandes Clásicos’ – concerto popular baixo a dirección de Nicolás Leiro Álvarez
– 22 de decembro ás 12h. ‘Concerto especial de Nadal’ baixo a dirección de Rafael Agulló Albors
