Aberto o prazo de solicitude de inscrición do proxecto Xeración Sónica promovido por Xuventude

Destinado a rapazada entre os 13 e os 16 anos, ten por finalidade formar e titorizar equipos para potenciar a creación musical e audiovisual.

Os mozos e mozas interesados/as poden cubrir o formulario que atoparán en apuntate.pontevedra.gal entre hoxe e o 23 de outubro. As persoas admitidas serán contactadas e posteriormente e formalizarán a inscrición nas oficinas de Xuventude.

As sesión formativas para os/seleccionados/as terán lugar os xoves polas tardes a partir do 2 de novembro e ate o mes de xuño no Local de Música e rematará coa gravación dun disco, vídeos e concertos.

O concelleiro de O Concello de Pontevedra presentou esta mañá a novena edición de Xeración Sónica acompañado de Álex Alonso Gayoso de Estudo Bonobo. O programa municipal de titorización e acompañamento de proxectos musicais e audiovisuais dirixido á mocidade da cidade ten aberto o prazo de envío de inscrición a través da plataforma apuntate.pontevedra.gal.

O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, destacou que “este programa emprega a creación artística como elemento educativo e de cohesión social. Xeración Sónica está destinado a mozos e mozas de 13 a 16 anos, procurando que desenvolvan a súa creatividade e aprendan a organizar as súas ideas en grupo. Centrámonos na música, pero isto é algo moito máis grande. Esta sería a etapa central do itinerario formativo musical deseñado polo Concello, que ten inicio no RockLab e remata no Local de Música”

O prazo de e recepción de solicitudes permanecerá aberto desde hoxe e ata o 23 deste mes e as sesións non darán comezo ata o 2 de novembro. A razón é que, tal e como apuntou o edil “a selección das candidaturas non se realiza por orde de chegada nin por sorteo, senón mediante un proceso de avaliación e audición artística, polo que é preciso un tempo para este proceso”..

Pola súa banda, Alejandro Alonso Gayoso, profesor de Estudo Bonobo, valorou o percorrido da iniciativa sinalando que “o proxecto aborda este noveno ano nun momento de gran madurez e solidez. “É moi importante ofrecer un desenvolvemento progresivo ás formacións ao longo de varios anos, como ocorre no caso dos grupos Básica e Vexx, que afrontan nesta edición a súa etapa final coa máxima esixencia e calidade técnica. Ao longo da pasada edición, Xeración Sónica volveu amosar o seu papel como canteira e como ponte cara á profesionalización da música emerxente, con fitos como a contratación da banda Vexx por parte do laboratorio de investigación Postgrowth-lab da Universidade de Vigo para compoñer e gravar a sintonía da revista científica T.I.A.S. (This is also science), estreada no Edificio Redeiras de Vigo ou o fichaxe da banda Rager pola discográfica Playplan con actuacións en grandes festivais como Big Sound, Armadiña Rock e SonRías Baixas.”

A nivel de proxección exterior, consolidouse a alianza coa Escola de Rock de Paredes de Coura a través da participación no festival Virafest en Portugal e a selección de dous alumnos de Xeración Sónica para participar no seu programa de residencias artísticas de verán.

Gayoso reitera a importancia de establecer redes e sinerxias, como teñen coa Sinfónica de Pontevedra ou co Local de Música, “no que por exemplo Vexx vén de actuar n na presentación do novo curso. Seguimos apostando pola música ao vivo, os concertos na cidade. É importante crear escena, ver a rapazada tocar, que haxa esa actividade dentro da cidade”

Dentro desas apostas está a de reforzar a presenza dos directos e crear comunidade nas rúas e nos centros educativos por exemplo cos concertos sorpresa nos recreos de institutos baixo o formato de Recreos ao Vivo. Tamén, aproveitando a presentación dun E.P con 4 cancións da banda Vexx terá lugar a celebración duna festa especial con música ao vivo que xuntará unha banda máis consolidada como Rager con Básica e Vexx.

Compartir publicación: