A Concellaría de Promoción Económica prepara o tradicional mercado de venda de flores con motivo do día de Todos os Santos, que se celebrará os días 30 e 31 de outubro na praza da Ferraría. As persoas interesadas poderán retirar os impresos os días 5 e 6 de outubro, en horario de 09:00 a 12:00 horas. Este ano as solicitudes para optar a un posto realizarase na Oficina de Administración do Mercado de Abastos (avenida de Bos Aires, 1º andar), substituíndo á Casa da Luz onde se viña facendo en anos anteriores.
Os postos adxudicaranse por estrita orde de solicitude ata esgotar a dispoñibilidade, e cada solicitante poderá optar a un único posto. Para completar o proceso, tras aboar a taxa de ocupación da vía pública, deberase presentar a solicitude cuberta xunto co xustificante de pago antes do 15 de outubro. Este trámite poderá efectuarse presencialmente na oficina de rexistro do Concello (rúa Michelena, 30 – planta baixa) ou a través do rexistro electrónico.
En total ofertaranse 24 postos de distintas superficies: 5 postos de 2 m², 10 de 4 m², 5 de 6 m², 1 de 8 m² e 3 de 10 m². Unha vez realizada a marcaxe dos espazos na Ferraría, facilitarase o traballo dos vendedores mediante un dispositivo coordinado coa Policía Local para autorizar o acceso dos vehículos de carga e descarga de mercadorías.