O alcalde entregou na Casa Consistorial os diplomas a trece empresas que levan dez anos participando na feira.
O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores entregou esta mañá na Casa Consistorial os diplomas conmemorativos a trece produtores e establecementos por ter participado activamente na traxectoria da feira Etiqueta Negra. Este acto serviu de recoñecemento ao compromiso e fidelidade das empresas expositoras co motivo da décima edición do evento gourmet.
Entre os establecementos homenaxeados figuran Bico de Xeado, Galletas Xianas, Paladar Queso, Habelas Hailas, Terras da Mariña e Gandaría Balín, presentes na feira dende a súa primeira edición. Xunto a eles, recibiron tamén a distinción Pepa A Loba, Caracoles e Conservas do Gallo, Campo Capela, Ánades Galicia, Croketas D’, Granxa Aeiroá e Embruxo.
Durante o encontro, Miguel Anxo Fernández Lores destacou que esta iniciativa contribúe á dinamización económica, á promoción da gastronomía e á visibilidade do sector primario e do produto de proximidade. Salientou ademais o valor de Pontevedra do talento e da despensa galega, e resaltou o labor das tres empresas locais que, ano tras ano, consiguen as exitosas edicións de Etiqueta Negra: Trisquelia, Ovo Publicidade e Era Comunicación.
A décima edición de Etiqueta Negra celebrarase os días 7, 8 e 9 de novembro no Recinto Feiral, e a organización mantén aínda aberto o prazo de solicitude de admisión para as empresas e produtores interesados.