O Concello e Asovedra chaman á solidariedade co pobo venezolano tras o terremoto 

O Concello de Pontevedra e a Asociación de venezolanos na cidade (Asovedra) amosaron esta mañá a solidaridade de Pontevedra co pobo venezolano coa convocatoria dun minuto de silencio celebrado ante a Casa Consistorial pola grave emerxencia humanitaria provocada polo recente terremoto.

“Concentrámonos no marco deste chamamento da Federación Española de Municipios para solidarizarnos coa desgracia e catástrofe que está vivindo o pobo venezolano”, explicou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. “Dende o primeiro momento puxémonos en contacto con eles para que nos digan que é o que pode facer o Concello de Pontevedra. Obviamente, aparte de chamar á cidadanía a colaborar economicamente, queremos manifestar a nosa compresión, solidariedade e pésame ás familias de todos os que faleceron, co desexo de que non volva a repetirse un terremoto destas características e que se poida ir recuperando e salvando á xente que está aínda con vida e atendendo ás necesidades máis perentorias”, indicou Fernández Lores.

Pola súa banda, Manuel Osorio, portavoz de Asovedra (Asociación de venezolanos en Pontevedra), deu as  grazas ao Concello de Pontevedra e ao seu alcalde “porque desde o primeiro momento se puxeron á disposición”. Explicou que “dispoñemos dunha conta no Banco Santander para os que queiran colaborar. Necesitamos comprar palas e picos, porque a sociedade civil xunto cos rescatistas son os que están facendo o traballo forte. Realmente é unha crise terrible».

Compartir publicación: