O programa Apego presenta a súa programación de primavera con máis de 20 actividades para familias de Pontevedra

O formulario de preinscrición está xa está activo en apuntate.pontevedra.gal e terán prioridade á hora de asistir as familias que forman parte do programa

Aquelas persoas intersesadas en adherirse ao Apego poden atopar información en apego.gal o contactar co servizo de Normalización Lingüística para concertar unha entrevista personalizada.

María e Carme da Pontragha, Laura Martínez Rey, Pablo Díaz, Alma Blanco, Alouette Machine, Myriam Viéitez e Daniel Galiñanes ou Colectivo Xurelo e Ab Origine serán algunhas das entidades que achegarán actividades entre as que haberá novidades e estreas.

As propostas están destinadas ás familias, con crianzas entre os 0 e os 6 anos, e teñen entre os seus obxectivos restaurar a posibilidade de que a cativada aprenda galego de xeito natural, nun contexto familiar e de socialización.

O Concello de Pontevedra vén de abrir o prazo de inscrición para a programación de primavera do programa Apego elaborada desde a Concellaría de Normalización Lingüística. A oferta está composta por máis de 20 propostas divididas en dous proxectos: ‘Apego na primavara’ e ‘Seres máxicos da nosa mitoloxía’.

A través de apuntate.pontevedra.gal, as familias poder acceder aos formularios de solicitude para calquera das propostas que terán lugar entre abril e xuño, tendo en conta que terán prioridade as familias que forman parte de Apego. Calquera familia que viva no concello de Pontevedra e teña crianzas de 0 a 6 anos (ou vaia ter) pode sumarse ao proxecto a través do web apego.gal

O obxectivo destas actividades é proporcionar ás familias recursos e ferramentas para arroupar a crianza en galego, así como crear espazos onde tecer redes na nosa lingua. De aí que as actividades propostas vaian dirixidas ás nais e pais, tanto para darlles a coñecer recursos que sirvan para activar ou enriquecer a lingua que se fala en familia coas crianzas, como  para promover espazos de socialización en galego para as familias con nenas e nenos ata 6 anos.

O programa Apego na primavera, que comeza o 10 de abril, inclúe sesións de música, contos, movemento e xogos dirixidas a diferentes idades, desde bebés ata crianzas a partir de 4 anos. Entre as actividades destacan obradoiros de estimulación musical, cantacontos, propostas de danza ou ioga en familia ou experiencias creativas.

Pola súa banda, Seres máxicos da nosa mitoloxía, contará con  5 sesión entre o 12 de abril a o 14 de xuño da man de Colectivo Xurelo e Ab Origine. As actividades de 90 minutos de duración constarán dunha pequena explicación de carácter antropolóxico, un contacontos, un obradoiro de debuxo guiado e un obradoiro de artesanía, con acompañamento musical de Marcelo Dobode. Desenvolveranse en Cerponz´zons, Lérez, Marcón, Tomeza e Salcedo.

Estas xornadas están pensadas e adaptadas para que as familias con crianzas a partir de 3 anos entren en contacto coa antropoloxía da cultura propia dunha maneira interxeracional e lúdica, a través dos seres máxicos que habitan o noso imaxinario mitolóxico.

SERESMAXICOS

Compartir publicación: