A Comisión de Urbanismo acordou onte por unanimidade trasladar á UFD Distribución, responsable das obras, e a Unión Fenosa, como promotora, unha queixa formal polo desenvolvemento dos traballos de soterramento da liña de alta tensión de Mourente – Ponte Sampaio, así como a esixencia para que rematen canto antes evitando as constantes molestias que están a ocasionar á veciñanza.
A intervención de Fenosa, que arranca na subestación de Mourente na avenida de Lugo (ao carón da rotonda de Montecelo, na avenida de Lugo), continúa polas rúas Virxinia Pereira, Lagares, Alcalde García Filgueira, Conde Bugallal e a EP-002 na parroquia de Tomeza.
As obras lévanse prolongado durante meses e as molestias veciñais van máis aló do aceptable, por iso a Comisión de Urbanismo acordou facer esa queixa formal e a esixencia ao remate das obras cunha execución óptima e causando os menos perxuízos posibles.