O Concello impulsa a planificación municipal cun paquete de adxudicacións de obras e varias licitacións por máis de 7,5 millóns de euros 

A adxudicación da reforma de Casimiro Gómez, da rúa das Pereiras, do Outeiro e das uniformidades municipais foron algúns dos expedientes rematados esta semana. Tamén se recibiron as ofertas do gran contrato de pavimentación das zonas urbanas, periurbanas, rurais e dos polígonos empresariais valorado en 5,5 millóns de euros.

A alcaldesa en funcións, Eva Vilvarde destacou que “a Xunta de Goberno de hoxe é un exemplo de que isto non é papel mollado. Estamos traballando para sacar o antes posible o que anunciou o alcalde a final de ano”. 

A alcaldesa en funcións de Pontevedra, Eva Vilaverde, explicou que a Xunta de Goberno de hoxe deu conta dos significativos avances que viviu a planificación municipal de 2026 nesta semana, na que se adxudicou a reforma da rúa Casimiro Gómez, das melloras da rúa da Pereiras e do Outeiro (esta última en Lérez), do vestiario municipal. Ademais, recibíronse as ofertas para o gran contrato de pavimentacións das estradas municipais ou as do contrato do estudo do mercado residencial.

Eva Vilaverde sinalou que “a Xunta de goberno de hoxe é un exemplo de que isto non é papel mollado. Estamos traballando para sacar adiante o antes posible todo o que vos anunciou o alcalde a finais do ano pasado”.

A Xunta de Goberno deu luz verde ás seguintes obras ou servizos:

  • Adxudicación da reforma da rúa Casimiro Gómez: A obra foi adxudicada á empresa E.C. Casas por 947.991,55 euros e un prazo de execución de 12 meses. A obra supón xa toda a mellora dos servizos soterrados da rúa, especialmente a rede de abastecemento de auga potábel e servirá para “facilitar a convivencia na rúa” mediante a ampliación de espazos peonís e nova iluminación.
  • Adxudicacións en Outeiro, Lérez e Rúa das Pereiras: O Concello adxudicou a E.C. Casas as obras de canalización de pluviais e pavimentación en Outeiro Lérez, cun prazo de 4 meses e un orzamento de 255.992 euros. Do mesmo xeito, adxudicou a mesma empresa a obra da rúa das Pereiras por 184.459,73 euros e un prazo de execución de 4 meses.
  • Adxudicación do vestiario laboral municipal: A empresa Peykar será a encargada de subministrar o calzado, a uniformidade e os equipos de protección individual para o persoal municipal durante 4 anos, por 428.101,55 euros. Eva Vilaverde remarcou a novidade deste acordo: “Se fai por primeira vez un contrato marco que os inclúe a todos os servizos que empregan uniformidade no mesmo contrato, a excepción dos de emerxencias (Policía e Bombeiros) que teñen un tratamento especial”.
  • Apertura de ofertas para obras de rehabilitación de firmes bituminosos da rede viaria e espazos públicos do Concello de Pontevedra: abriuse o proceso para o macrocontrato de mellora de firmes dividido en catro lotes por valor de case 5,5 millóns de euros e ao que se presentaron cinco empresas. Vilaverde sinalou que estes traballos “dan mostra da aposta potente e das dimensións desta aposta que está facendo o concello pola mellora do viario e do espazo público”, garantindo que “toda a cidade vai a sufrir unha renovación e unha mellora evidente con este contrato”.
EmpresaLoteNome do LoteOferta EconómicaTotal oferta da Empresa
E.C.CASAS1Centro urbano1.139.371,80 €4.490.310,30 €
2Zona urbana exterior1.108.375,48 €
3Solo empresarial1.091.083,28 €
4Fóra da zona urbana1.151.479,74 €
CONSTRUCCIONES FECHI, S.L.U.1Centro urbano1.207.404,25 €4.842.493,67 €
2Zona urbana exterior1.247.506,13 €
3Solo empresarial1.167.949,14 €
4Fóra da zona urbana1.219.634,15 €
CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA)1Centro urbano1.166.859,65 €4.503.513,75 €
2Zona urbana exterior1.139.964,87 €
3Solo empresarial1.072.004,07 €
4Fóra da zona urbana1.124.685,16 €
MOVIMIENTOS DE ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L.1Centro urbano1.142.532,90 €4.611.056,37 €
2Zona urbana exterior1.129.389,29 €
3Solo empresarial1.115.927,42 €
4Fóra da zona urbana1.223.206,76 €
NEMESIO ORDOÑEZ, S.A.3Solo empresarial1.142.830,47 €1.142.830,47 €
  • Apertura de ofertas para o estudo do mercado residencial: presentouse unha única empresa (Ingeniería insular) para elaborar o estudo sobre a vivenda no concello, cunha oferta de 74.371,48 euros. A alcaldesa en funcións indicou que o obxectivo “é facer un estudo amplo do ámbito da vivenda no concello de Pontevedra” para analizar o mercado de alugueiro, compravenda e zonas tensionadas, entre outras necesidades.
  • Inicio da licitación da supervisión das atraccións de feira: aprobouse o expediente para contratar a revisión das atraccións das festas do Santiaguiño e a Peregrina (2026-2029), cun orzamento de 118.483,20 euros para 4 anos.

Compartir publicación: