Pazo da Cultura, Teatro Principal e Recinto Feiral acollerán entre marzo e maio e unha variada programación musical

 

Sés, Yerai Cortés, Nando Agüeros e Revolver pasarán polo escenario do Pazo da Cultura de Pontevedra nos próximos meses.

No Teatro Principal o público poderá gozar tamén con Gala i Ovidio (Aida e Raül Refree), Karmento, ‘Benquerer’ – Fran Sieira báilalle a Caamaño & Ameixeiras e Carla Lourdes + Javier Lago.

O Recinto Feiral acollerá o regreso aos escenarios de Fillas de Casandra, con venda de entradas xa dispoñible en woutick

Os restantes eventos teñen a venda activa en Ataquilla.com a excepción dos espectáculos de Fran Sieira e Gala i Ovidio, que lanzarán o vindeiro mércores 25 de febreiro.

O edil de Cultura presentou esta mañá a axenda de concertos que terá lugar entre o 14 de marzo e o 30 de maio, “variada, con 9 propostas para públicos moi amplos e que nos vai permitir completar unha programación que abrangue cine, teatro, literatura e incluso outros tipos de música que facemos tanto nós como en colaboración con outras entidades do concello, que permiten que as infraestruturas cultuais de Pontevedra estean funcionando a tope durante esta tempada do ano”.

SÉS – Nadando na Incerteza

14 de marzo ás 20:00 no Auditorio do Pazo da Cultura

SÉS presenta ao vivo o seu novo traballo, “Nadando na incerteza”, un traballo no que a canción sitúase no centro absoluto, sen sobreproducións nin artificios, nun exercicio de artesanía e autenticidade que reivindica a súa condición de cantora e facedora de cancións. O disco, composto por 13 cancións orixinais, caracterízase pola tendencia á sinxeleza instrumental,  as voces que respiran con peso e temas concibidos para sosterse por si mesmos, coa palabra e a melodía como eixos arredor dos que todo xira.

Entradas á venda en Ataquilla.com entre 18 e 24 € + gastos de xestión.

YERAI CORTÉS – Formato solo

24 de abril ás 21:00 no Auditorio do Pazo da Cultura

Yerai Cortés (Alicante, 1995) é un dos guitarristas máis prometedores do flamenco contemporáneo. En 2024 estrenou a película “La Guitarra Flamenca de Yerai Cortés”, dirixida por C. Tangana, que gañou dous premios Goya en 2025 e outros recoñecementos internacionais. Ese mesmo ano, lanzou o seu álbum debut homónimo con Sony Music, que incluso foi destacado por COLORSXSTUDIO.

Colaborou con artistas como Remedios Amaya, Israel Fernández, Farruquito, Rocío Molina, Niño de Elche, Judeline e C. Tangana. Co seu espectáculo “Guitarra Coral”, que encheu salas de festivais prestixiosos como o Sónar e o Montreux Jazz Festival, agora actúa en salas emblemáticas como o Teatro Real e o Palau da Música. Cunha técnica virtuosa e unha poderosa conexión emocional, consolidouse como unha figura destacada para unha nova xeración que fusiona tradición e modernidade.

Entradas á venda en Ataquilla.com entre 21 e 33€ + gastos de xestión.

Nando Agüeros –‘Canciones desnudas’

25 abril ás 21.00h no Auditorio do Pazo da Cultura

Nando Agüeros presenta esta xira “Canciones desnudas” ante o público dando protagonismo ás súa voz. Un espectáculo íntimo e próximo onde escoitar as súas mellores cancións acompañado polo piano, o acordeón ou a súa guitarra e onde nos contará onde naceron esas cancións que seguen acompañándoo nos seus recitais.

Entrads á venda en Ataquilla.com entre 25 e 27€+ gastos de xestión.

Aida e Raül Refree presentan Gala i Ovidio, o seu novo proxecto musical.

25 de abril ás 21.00h no Teatro Principal

Gala i Ovidio, o novo proxecto musical que une a Raül Refree, prestixioso músico e produtor e a Aida Tarrío, compoñente do recoñecido grupo Tanxugueiras.

O proxecto rende homenaxe no seu nome aos fillos da escritora galega Rosalía de Castro. En 1871 a escritora galega Rosalía de Castro deu a luz en Lestrove aos xemelgos Gala i Ovidio. Aida e Raül atopáronse en 2021 no Pazo de Mariñán e pronto souberon que debían xuntarse nun proxecto musical.

Catro anos tardaron en darlle forma, entre procuras e gravacións, a Gala i Ovidio, un proxecto que se levou en segredo. Os dous recoñecidos artistas coñecéronse para interpretar cancións tradicionais de Galicia e inspirados por elas foron atopando novos territorios onde a tradición intúese e os xéneros dilúense. A Raül gústalle dicir que Aida ten ás mulleres galegas dos últimos decenios na súa voz e que este arraigamento permítelles experimentar sen perder a identidade.

Entradas á venda en Ataquilla o mércores 25 de febreiro.

Fillas de Casandra presenta Tertulia

9 de maio ás 22.00h no Recinto Feiral

Fillas de Cassandra presenta en directo ‘Tertúlia’, o seu novo disco. O recinto feiral da cidade do Lérez acollerá a estrea absoluta do novo espectáculo do dúo, que regresará aos grandes escenarios galegos após un ano de ausencia.

Entradas á venda en Woutick entre 22 e 25€+ gastos de xestión.

Karmento en Pontevedra. Xira despedida de ‘La Serrana’

15 de maio ás 21:00 no Teatro Principal

Karmento é unha artista folk manchega que comezou a súa andaina artística en 2012 cando decidiu mudarse á illa de Malta. Alí, comezou a conectar con músicos internacionais e a escribir as cancións que conformarían o seu primeiro álbum, “Mudanzas”.

A partir de 2020, co lanzamento de “Este devenir”, comezou a consolidarse como un dos nomes máis destacados do neofolk español, sendo o álbum considerado un dos mellores álbums de música de Raiz do ano. A súa xira promocional concluíu con máis de 130 concertos.

Karmento participou no Benidorm Fest de 2023 coa súa canción “Quiero y duelo”, converténdose nunha das finalistas. Ese mesmo ano, foi nomeada Filla Predilecta de Castela-A Mancha. En 2024, Karmento lanzou o seu novo álbum, “La Serrana”, unha obra considerada unha das mellores de 2024 por medios como Mondosonoro, Rockdelux, Efe Eme e Jenesaispop. Tamén gañou o Premio da Academia de Música ao Mellor Álbum Folk e recibiu catro nomeamentos nos Premios MIN.

Con “La Serrana”, a artista manchega inicia unha nova etapa, dando un paso cara a un folclore máis vangardista mantendo a súa esencia máis pura. Nas dez novas cancións que conforman este álbum, Karmento, inspirada nas mulleres da súa aldea e na súa propia identidade, afonda nas súas raíces montañesas nunha viaxe emocional e narrativa que explora a vida e as lembranzas da súa pertenza.

Entradas á venda en Ataquilla.com entre 16 e 18€.

Revolver – ‘LA 03010 Tour’

16 de maio ás 21.00h no Auditorio do Pazo da Cultura.

Unha viaxe ao orixe Revólver volta á carretera con LA 03010, un proxecto que representa moito máis que un novo álbum de estudio: é unha coordenada emocional, un regreso ao orixe e unha das obras máis complexas e persoais na traxectoria de Carlos Goñi, que continúa explorando novos territorios creativos. Baixo este enigmático código —o código postal do barrio alicantino de Los Ángeles onde viviu de rapaz— nace un repertorio que viaxa ás historias que marcaron os seus inicios. Segundo o propio Goñi: “Este álbum, junto con Argán, es de lo más complejo que he escrito en toda mi vida”. Este novo capítulo chega tras o éxito histórico da xira aniversario Eldorado, onde colgou o cartel de “Sold Out” en cada cidade, amosando que a súa conexión co público está máis viva que nunca.

Entradas á venda en Ataquilla.com entre 26 e 40€+ gastos de xestión.

Benquerer- Fran Sieira Báilalle a Caamaño&Ameixeiras

 22 de maio ás 21.00h no Teatro Principal

Benquerer, querer, querer ben e quererse ben son algúns dos termos nos que afonda o novo espectáculo de Fran Sieira, desta vez, acompañado en directo polo dúo galego ligado á música e ao baile de raíz, Caamaño&Ameixeiras.

Desde un punto de vista case autobiográfico, a peza cuestiona que é quererse ben a un mesmo. É posible benquerer outras persoas sen quererse ben? Algunha vez antepoñemos o benquerer ao querernos ben? Ata que punto a benquerenza pode ser real se non vai acompañada de amor e respecto propio? Todos estes cuestionamentos fanse tamén dende as marxes, sempre con perspectiva de xénero.

O auto-coidado emocional é o eixe central sobre o que xira este novo proceso creativo tan persoal e íntimo para o creador, onde a través do seu propio relato detallará a importancia do coidado, de quererse ben, de aceptarse e respectarse a un mesmo.

Intérpretes: Antía Ameixeiras, Sabela Caamaño e Fran Sieira | Dirección artística: Fran Sieira e VACAburra (Gena Baamonde e Andrea Quintana) | Coreografía: Fran Sieira e Andrea Quintana | Música: Caamaño&Ameixeiras | Iluminación: Fidel Vázquez | Vestiario: Érica Oubiña | Espazo escénico: Fran Sieira | Espazo sonoro: Isaac Millán | Dinámica posfunción: Nancy Silva e Thais Núñez | Fotografía: Aigi Boga | Cartaz: NoveNoel | Folleto: Sol Álvarez | Distribución: Urdime.

Entradas á venda en Ataquilla o mércores 25 de febreiro.

Carla Lourdes + Javier Lago

30 de maio ás 21.00h no Teatro Principal

Concerto dos artistas con banda.

Póxima venda en Ataquilla.com a un prezo de 12€ + gastos anticipada e 15€ na billeteira o propio día do concerto.

Compartir publicación: