O barrio do Burgo acollerá este venres 30 o regreso de Cantos de Taberna da man de Maravallada

Os locais Breogán e Balixas recibirán este venres a partir das 21h. a primeira das citas, que terán lugar o último venres de cada mes ata maio inclusive.

Nasa, Perla 8, Rula, El Chato, La Esquina, O Forno (rúa Virxinia Pereira, Café Moderno e O Forno (rúa Riestra) son os locais escollidos para os seguintes encontros musicais.

Nesta décimo terceira edición Maravallada, organizadora da iniciativa, contará coas agrupacións Soalleira de Dorrón, Couso Bares da Estrada, Xolda de Allariz e Troula na Barquiña de Noia.

O concelleiro Demetrio Gómez presentou esta mañá, acompañado do presidente da AC Maravallada Manuel Espiño, a que será a 13ª edición dos Cantos de Taberna. Unha iniciativa consolidada e exitosa que retomará a súa actividade este venres 30 no barrio de O Burgo.

O edil avanzou eu “chegando finais de xaneiro, iso significa que un ano máis comezan os Cantos de Taberna e a Asociación Maravallada vai poñer a cantar toda Pontevedra nunha serie de bares e locais de Pontevedra o último venres de cada mes de xaneiro ata maio. Agradecer a Maravallada por deixarnos claro a marabilla de cancións tradicionais, coplas que todas e todos coñecemos e por e descubrir outras que forman parte deste acervo e que nos permite pasar estar noites tan divertidas e amenas. Agradecer tamén aos hostaleiros e hostaleiras que participan e destacar que cada vez é máis complicado organizar o programa porque cada vez hai máis grupos que queren vir participar”.

O presidente da Asociación Maravallada avanzou ao fío dese interese porque “Contos de Taberna xa ten un nome, nesta edición visitarannos grupos doutras provincias como Xolda de Allariz ou Troula na Barquiña de Noia. Da nosa contorna contaremos con Couso Bares da Estrada e Soalleira de Dorrón. O mesmo que noutras edicións contamos con grupos como Fuxan os ventos ou Os Carunchos, tamén queremos dar a coñecer grupos máis pequenos ou nacidos de asociacións de veciños. Isto permite descubrir cantigas novas, típicas desas zonas non tan coñecidas para nós”.

Sobre o programa, como vén sendo habitual Espiño avanzou que “empezamos este venres nós, Maravallada, no Barrio do Burgo. Estaremos ás 21.00h no Breogán e ás 22.30 ata as 24.00h no Balixas.

O 27 de febreiro os locais serán a Nasa e Perla 8 os que recibirán ao grupo Soalleira de Dorrón.

O 27 de marzo Couso Bares estará nunha cervexaría nova, Rula e tamén en El Chato.

O 24 de abril, Cantos de Taberna visitará por primeira vez A Parda e levará a Xolda, de Allariz a La Esquina e O Forno (rúa Virxinia Pereira).

A derradeira cita o 29 de maio será no Moderno e O Forno (rúa Riestra) da man de Troula na Barquiña de Noia”.

Espiño quixo convidar a todo o mundo a participar nos encontros a partir deste venres: “nós coma sempre imprimiremos as letras nosas e dos grupos que veñen para repartilas nos bares e que a xente poida cantar. Pasámolo xenial”.

Cartel Cantos de Taberna

Compartir publicación: