A Festa dos Feroz convoca este sábado en Pontevedra ás estrelas do cinema e das series 

Maria de Medeiros, Candela Peña, Anna Castillo, Álvaro Morte, Ricardo Gómez, Javier Cámara, Leonor Watling, Javier Ambrossi, Eduardo Casanova, Javier Calvo, María León, Nora Navas, Álvaro Cervantes, Asier Etxeandia, Leticia Dolera, Patricia López Arnaiz, Ingrid García-Jonsson, Natalia de Molina ou Yurena, entre outros, visitarán a Boa Vila para celebrar unha tempada exitosa.

Marta Fernández-Muro recibirá o Premio Feroz de Honra.

A gala contará con intérpretes de lingua de signos, tanto no escenario como en RTVE, en directo pola 2. 

Apenas quedan uns días para gozar da décimo terceira edición dos Premios Feroz (a segunda en Pontevedra), unha gala que promete risas, descaro e orixinalidade da man de Petra Martínez, Samantha Hudson, Elisabet Casanovas e Antonio Durán ‘Morris’. Este cuarteto de presentadores recibirá no Pazo da Cultura ás e aos protagonistas das series e películas do ano.

Pola parte de ‘Los domingos’, ‘Poquita fe’ e ‘Superestar’, que lideran as candidaturas aos #Feroz2026 (con 9, 6 e 6 respectivamente), acompañarannos boa parte dos seus equipos artísticos e técnicos como Alauda Ruíz de Azúa, Patricia López Arnaiz, Nagore Aranburu, Blanca Soroa, Miguel Garcés e Juan Minujín; Raúl Cimas, Julia de Castro, María Jesús Hoyos, Juan Maidagán e Pepón Montero; e Ingrid García-Jonsson, Natalia de Molina, Secun de la Rosa, Rocío Ibáñez, Paula Púa, Nacho Vigalondo, Paco Bezerra, Javier Ambrossi, Javier Calvo e Yurena.

Representando ás outras películas coa maioría das candidaturas en cinema (‘Maspalomas’ 7, ‘Sirât’ 7, ‘Romería’ 6, ‘Sorda’ 6 e ‘La cena’ 5) non faltarán á cita Jose Ramon Soroiz, Kandido Uranga, Jose Mari Goenaga e Aitor Arregi; Oliver Laxe e Esther García; Carla Simón e María Zamora; Álvaro Cervantes, Miriam Garlo, Elena Irrureta e Eva Libertad; e Elvira Mínguez, Asier Etxeandia e Manuel Gómez Pereira.

Álvaro Morte e Manolo Solo xunto aos guionistas e produtores Alberto Rodríguez, Rafa Cobos, Fran Araújo e José Manuel Lorenzo defenderán as opcións de premio de ‘Anatomía de un instante’ (5); Javier Cámara, Carla Quílez, David Lorente, Elena Trapé e Diego San José farán o propio por ‘Yakarta’ (5); Candela Peña e Félix Sabroso por ‘Furia’ (3); e Ricardo Gómez, Carlos Bernardino e Paco Plaza por ‘La suerte’ (3).

Doutras series e películas nomeadas tamén confirmaron asistencia Maria de Medeiros (‘Una quinta portuguesa’); Anna Castillo e Borja Cobeaga (‘Su Majestad’); Leonor Watling e Carlos Scholz (‘La vida breve’); Eduardo Casanova e María León (‘Silencio’); Nora Navas, Cesc Gay e Eduard Sola (‘Mi amiga Eva’); Betsy Túrnez e Leticia Dolera (‘Pubertat’); Daniel Sánchez Arévalo, Judith Fernández e Fer Fraga (‘Rondallas’); Ángela Cervantes e Gemma Blasco (‘La furia’); Joaquín Núñez (‘Los Tigres’); Iraia Elias (‘Un fantasma en la batalla’); Hidrogenesse (música de ‘Daniela Forever’); Guille Galván (Vetusta Morla, música de ‘Madrid, Ext.’); e Albert Serra (‘Tardes de soledad’).

Marta Fernández-Muro, Premio Feroz de Honra, e moitas máis persoas convidadas festexarán os galardóns que outorga a AICE: Alejandro Albarracín, Alfonso Bassabe, Boré Buika, Coria Castillo, María Castro, a pontevedresa Marta Costa (La promesa), Pepa Charro, María de Nati, Nadia de Santiago, Xoán Fórneas, Pol Hermoso, Carolina Iglesias, Silma López, Victoria Luengo, Stéphanie Magnin, Anna Marchessi, Mireia Oriol, Milena Smit, Raúl Tejón, Ana Garriga e Carmen Urbita (Las hijas de Felipe), entre outros creadores e artistas.

Todas estas persoas serán recibidas por María Guerra, presidenta da AICE, e polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Ademais, acudirán á cerimonia Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, e o ministro de Cultura Ernest Urtasun.

Os Premios Feroz reforzan o seu compromiso coa accesibilidade para persoas xordas e a gala contará con intérpretes de lingua de signos, tanto no escenario como na retransmisión de RTVE.

Bob Pop volverá comentar a cerimonia en directo, o vindeiro sábado 24 de xaneiro dende as 22:00 para os espectadores da 2 e RTVE Play, como complemento ao guión de Javier Durán e Diego Soto, que promete unha mirada perspicaz e socarrona ao mundo do cinema e as series pero tamén ao xornalismo.

A gran alfombra vermella, que comezará nunha carpa xigante no exterior do Pazo, poderase seguir en directo pola canle oficial dos Feroz en YouTube a partir das 18:30, nun programa especial presentado por David Martos e Mariona Borrull.

En total entregaranse 21 estatuíñas: once de cinema, sete de series, os dous Premios Feroz Arrebato e o Premio Feroz de Honra á actriz Marta Fernández-Muro.

Os Premios Feroz 2026, que destacan o mellor da produción audiovisual española do ano para a prensa especializada, están patrocinados polo Concello de Pontevedra —institución que conta coa colaboración da Deputación provincial de Pontevedra na Gala dos Feroz—, así como por Legado Ibérico, marca premium de ElPozo Alimentación e líder no sector do ibérico. Ademais, contan coa colaboración de Audi —Vehículo Oficial—, Cafés Candelas —Café Oficial—, a entidade de xestión de dereitos de autor DAMA; a Fundación SGAE que fomenta a creación e o desenvolvemento do sector cultural; Holded, software de facturación e moito máis para emprendedores, pemes e autónomos; o estudo de cinema e televisión Ficción Producciones; Aquaservice, empresa líder en distribución de auga embotellada con dispensador; e a axencia de viaxes B travel; co financiamento do Goberno de España – Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) do Ministerio de Cultura; e coa participación de Crea SGR.

A Asociación de Informadores Cinematográficos de España é un grupo plural de arredor de douscentos xornalistas e críticos dedicados a informar sobre cinema en televisión, radio, prensa e Internet de todo o país. Dende 2014 entregan os PREMIOS FEROZ® para destacar o mellor da produción audiovisual española do ano. Ademais dos galardóns anuais, a asociación outorga o Premio Feroz Zinemaldia no Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, o Premio Feroz Puerta Oscura no Festival de Málaga e o Premio Feroz Cinema Jove á mellor curtametraxe no seo do festival do mesmo nome. A AICE tamén organiza o festival Lo Que Viene, o campus de cinema e series La Inmortal en Zaragoza e o programa de formación en xornalismo de cinema e series María Luz Morales.

Compartir publicación: