Milena Smit e Manu Ríos anunciarán os nomeamentos aos Feroz 2026 en Pontevedra

O acto emitirase en directo desde a canle de Youtube dos Feroz ás 11:30 do xoves 27 de novembro

Os actores charlarán co público pontevedrés pola tarde no Teatro Principal

Os #Feroz2026 anunciarán o vindeiro xoves 27 de novembro os nomeamentos da súa décimo terceira edición, ás 11:30 da mañá na Casa do concello de Pontevedra.

Os intérpretes Milena Smit (‘Madres paralelas’, ‘La chica de la nieve’) e Manu Ríos (‘Elite’, ‘Respira’) serán os encargados de facer públicos os nomes das películas, series e profesionais que optarán a figura na gala do sábado 24 de xaneiro no Recinto Feiral de Pontevedra. No acto tamén intervirán a presidenta da Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE), María Guerra; e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

A lectura de nomeamentos tamén poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube dos Premios Feroz.

Coloquio especial

Esa mesma tarde, ás 18:00 no Teatro Principal, Milena Smit e Manu Ríos charlarán co público pontevedrés sobre as súas carreiras, o panorama audiovisual actual e comentarán os títulos favoritos dos Feroz 2026.

Entrada gratuíta previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 entradas por persoa.

En decembro daranse a coñecer os nomeados aos Premios Feroz Arrebato de ficción e de non ficción, que completarán a listaxe de candidaturas 2025.

Nos #Feroz2026 haberá en total 21 categorías: once de cinema, sete de series, dous Premios Feroz Arrebato e o Premio Feroz de Honra que este ano recibirá a actriz Marta Fernández-Muro

Compartir publicación: