O alcalde participa na convite veciñal de inauguración da rúa San Cristovo na parroquia de Lourizán

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira do Rural, María Xosé Abilleira, achegaranse esta tarde á rúa San Cristovo, en Lourizán, para participar no acto de inauguración da vía, un encontro organizado pola propia veciñanza do lugar.

A visita oficial formaliza a posta en servizo da rúa tras a execución do proxecto de mellora «moi necesario», segundo o rexedor e que supón «un antes e un despois» para a zona. A reforma integral contou cun investimento total de 199.226,06 euros con IVE engadido e foi executada pola empresa COVSA.

A mellora integral desta rúa, que ten unha lonxitude de 115 metros e non ten saída, centrouse na renovación completa de todos os servizos. As obras incluíron a substitución das redes de abastecemento e saneamento, que se atopaban deterioradas. Así mesmo, o Concello mellorou a capacidade do sistema de recollida de augas pluviais. Unha parte fundamental da actuación foi o soterramento de todas as liñas de teléfono e electricidade.

A obra de mellora foi executada pola empresa COVSA. Aínda que o prazo de execución inicialmente previsto era de cinco meses, os traballos foron completados nun prazo inferior aos catro meses, considerado récord. Segundo manifestou o alcalde en declaracións anteriores, a veciñanza da zona está «encantada» tanto pola rapidez na execución como polo comportamento da empresa concesionaria durante os traballos.

Compartir publicación: