Na xornada do domingo 26 terán lugar as visitas guiadas ao Cemiterio de Santo Amaro ‘A Pontevedra do alén’ ás 12.00h para público infantil e familiar e ás 18.00 para público adulto
Un ano máis, logo do éxito da primeira edición, as panadarías Acuña, Amásame, Xeve, A Devesa e Solla elaborarán o tradicional Pan de Ánimas entre os días 29 e 31.
O xoves 31 será o día grande no Mercado con numerosos obradoiros de colares de zonchos, cociña, maquillaxe, elaboración de disfraces de ánimas e pantasmas, tallado de calacús, etc. e contos de medo e arrepíos da man de V de minúscula. Consultar horarios e idades no programa e tamén se é necesaria inscrición previa.
As 20.30 h. a Procesión das Ánimas percorrerá o Centro Histórico coa participación da Aula Municipal de Teatro de Pontevedra e música a cargo de Adarve. O Concello convida a cidadanía a participar caracterizada no pasarrúas e lembra que a temática deste ano son os lumes, o medo que provocan e a importancia dos bosques para a Santa Compaña, os enterramentos, etc,
A partir das 22.00h a animación continúa da man de diversos locais de hostalaría da cidade que elaborarán tapas, no caso do Pintxo Viño e a Taberna Saudade ou cócteles Calacú en A Gramola, O Carallo 29, El Toro, Ochentero, La Pomada e Zenet. Consultar QR do programa.
O Concello de Pontevedra achegará unha programación especial de cara á ‘Noite dos Calacús’. O edil de Cultura e Festas, Demetrio Gómez presentou esta mañá a programación para ‘A noite dos Calacús’ que botará a andar o domingo 26 e rematará o venres 31 de outubro. Fíxoo acompañado dunha ampla representación das empresas e entidades implicadas na ambientación do Mercado, a programación, das panadarías que un ano máis elaborarán Pan da Ánimas e, como non, das ánimas do purgatorio “coas que tivemos unha longa e dura negociación para que viñeran hoxe á rolda e tamén o día 31 para participar na procesión das ánimas. Negociamos que van a andar por aquí ese día, dar sustos, pero non nos van levar con elas.
Tamén, como non son moitas, van estar acompañadas na procesión por membros da Aula Municipal de Teatro e desde aquí convidamos a vecinos e veciñas de Pontevedra a sumarse, ataviados con sabas, camisóns, roupas brancas ou disfraces de pantasma. Faremos un percorrido do Mercado á Ferraría, pasando polas rúas Serra, praza García de la Riega, Fonte dos Tornos, Curros Enríquez, Soportáis, etc. Imos reducir a iluminación das rúas polas que discorrerá a procesión, que tamén negociamos coas ánimas que non lles gusta nadiña a luz e ambientar os espazos.”.
O edil avanzou que dexeito previo ao día 31, “teremos actividades previas como este domingo 26 con visitas guiadas ao Cemiterio de San Amaro, con pase infantil e familiar ás 12.00 h e público adulto ás 18.00 h. e, entre os días 29 e 31 na panadarías Acuña, Amásame Bakery Lab, Xeve, A Devesa e Solla, vaise poder disfrutar do pan de ánimas do xeito máis traicional da nosa comarca: en cada casa ao seu xeito. Eu recomendaría probalos todos.
E logo xa o día 31 temos a festa máis grande a partir das 17.00h no Mercados con obradoiros para nenos e nenas. Recomendo consultar ben o programa polas idades, as inscricións. Haberá obradoiros de colares de zonchos, de cociña, maquillaxe e disfraces para prepararnos para a procesión das ánimas que bota a andar as 20.30 h polo Centro Histórico.
A partir das 22.00 h haberá locais de hostelaría e nocturnos que participen con decoración e, no QR do programa podedes consultar os locais de restauración e coctalería que van preparar menús e cócteles Calacú que so se poderán degustar esa noite”