O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a Sami Ashour, presidente da Asociación Galaico-Árabe Jenin de Galiza, para amosarlle a solidaridade do Goberno local co xenocidio que o Estado de Israel está a realizar co pobo palestino na faixa de Gaza.
O alcalde reiterou que se trata dun “xenocidio televisado, que é unha vergonza internacional porque parece que as autoridades non existen”.
“Nós estamos solidarizándonos con Palestina. Pedíronos unha entrevista para falar e estamos completamente de acordo con que é unha situación insostible e, ou se fai algo, ou acaban eliminando o pobo palestino dun plumazo. Agora xa se está converindo nunha situación insostible porque non hai nin comida, nin agua, nin de sanidade, nin educación, nin absolutamente nada. É un xenocidio televisado. Polo tanto, a máxima solidaridade do Goberno con o pobo palestino”, concluíu o alcalde.
Pola súa banda, Sami Ashour, presidente da Asociación Galaico-Árabe Jenin de Galiza, afirmou que “vimos para dar as grazas ao alcalde por todo o apoio que están a demostrar e explicar a situación un pouco máis”.
Exlicou que “na Gaza, actualmente, estamos chegando ao limite e estamos que xa non podemos máis de tanta dar e de tanta inxustiza. Vimos a visitar o alcalde tamén para esixir o máximo apoio e a solidaridade. Non imos parar de esixir máis e máis porque estamos a vivir unos tempos moi delicados e moi crueis. Nunca antes durante 77 anos chegaron a tanta crueldade e tanta inxustiza co pobo palestino”.