O Concello crea novos espazos de aparcamento de servizos na rúa Francia de Monte Porreiro dentro das melloras do barrio

 O concelleiro delegado Alberto Oubiña atendeu a petición veciñal para crear unha praza de estacionamento para persoas con mobilidade reducida na rúa Portugal e ordenou reparar un muro de contención en Alemaña que facía perigoso o uso dun aparcamento da rúa.

Nestes días rematouse a posta a punto do parque infantil do Miradoiro que está pendente da inspección técnica para poder abrilo.

Ademais, estase a rematar a limpeza integral do barrio que chegou a Monte Porreiro despois de pasar por San Roque e A Parda. 

O Concello de Pontevedra continúa a poñer a punto o barrio de Monte Porreiro mellorando os servizos para a veciñanza, os espazos de uso público e, en definitiva, incrementado a súa calidade urbana.

Mentres se avanza la limpeza integral do barrio, que relevou ás que se realizaron en San Roque e A Parda no inicio do contrato de residuos municipais, o concelleiro responsable do barrio, Alberto Oubiña deu orde de mellorar os servizos na rúa Portugal. A petición veciñal, creouse unha praza de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e, aproveitando esta actuación, mellorouse o espazo público para facilitar a entrada a un garaxe. https://maps.app.goo.gl/pmWdT6piivWhRSEC9

Ademais, o Concello habilitou un estacionamento de servizos na rúa Francia e está a preparar a colocación de bancos nesta zona como remate da obra. Trátase dunha petición realizada tamén polos veciños da rúa e polos establecementos comerciais. https://maps.app.goo.gl/XagGd1WU6xkpHJk37

Tamén no barrio, e neste ámbito da rúa Francia, o Concello vén de rematar a reparación e posta a punto dos elementos de xogo do parque infantil do Miradoiro, un dos máis usados do barrio. Nestes días permanece pechado porque o Concello está pendente da visita da entidade certificadora para abrilo ao público.

Na rúa Alemaña, o concelleiro Alberto Oubiña deu orde de reparar un muro de contención situado nunha parcela de estacionamento. Debido a causas por determinar, rexistrouse un desprendemento de pedras e terra sobre a parcela. Para garantir a seguridade na zona, estase a reparar a zona e a revisar todo o muro. https://maps.app.goo.gl/i3Qq5MXStnyz6VQn8

Compartir publicación: