Unha nova edición de Domingos do Principal chega con 6 espectáculos de todos os xéneros para público infantil e familiar

As representacións terán lugar entre o 12 de outubro e o 23 de novembro e contarán con pase ás 12.00 h e ás 18.30 h.

Xanpatito Pato, Producións Excéntricas, Píscore, Teatro dos Ghazafelhos son as compañías galegas que levarán ao Principal circo teatro, teatro de actor, comedia musical e clown.

A murciana Onírica Mecánica apostará polo teatro contemporáneo e, chegada desde Euskadi, Marie de Jong polo teatro mudo de máscaras.


A partir de mañá estarán á venda en Ataquilla.com os abonos a un prezo de 18 € e as entradas para cada pase a 4€.

O concelleiro de Cultura Demetrio Gómez presentou esta mañá unha nova tempada Domingos do Principal. “Seguimos completando a programación para este últimos meses de ano desta volta cunha proposta para o público máis especial e esixente que temos aquí en Pontevedra que é a cativada. Un programa que fixo con moito traballo Teatro Akatro e que terá lugar como vén sendo habitual os domingos ás 12.00 h e 18.30 h. As entradas a prezo único de 4€ e os abonos para os 6 espectáculos, a un prezo de 18€, estarán á venda a partir de mañá ás 10.00 h en Ataquilla.com”

Compartir publicación: