Ofertaranse un total de 25 de prazas, 7 delas de promoción interna, 2 de mobilidade e 16 de acceso libre
O Concello de Pontevedra vén de aprobar a través da Xunta de Goberno Local a nova oferta de emprego público do Concello de Pontevedra correspondente ao ano 2025.
En total, serán ofrecidas un total de 25 de prazas, 7 delas de promoción interna, 2 de mobilidade e 16 de acceso libre. A relación completa é a seguinte:
Escala de administración xeral
- 7 Administrativos/as C1 (3 de acceso libre / 4 de promoción interna)
- 1 Auxiliar C2 (1 de promoción interna)
- 3 Subalternos AP (3 de acceso libre)
Escala de administración especial
- 1 Traballador/a social A2 (1 de acceso libre)
- 7 Policía C1 (5 de novo ingreso por oposición / 2 por mobilidade)
- 1 Oficial canteiro/a C2 (1 de promoción interna)
- 1 Oficial electricista C2 (1 de promoción interna)
- 1 Sepultureiro C2 (1 de acceso libre)
- 2 Operario/a AP (2 de acceso libre)
- 1 Sarxento C2 (1 de promición intera)
Ademais, quedan reservadas 3 prazas para persoas con discapacidade, sendo dúas de quenda libre e unha delas reservada para persoas con discapacidade intelectual, que será obxecto dunha convocatoria específica.
Cómpre sinalar que a través desta oferta de emprego público quedarían cubertas todas as vacantes existentes tanto na Policía Local coma no corpo de Bombeiros.