A alcaldesa accidental, Eva Vilaverde, compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta da operativo especial de tráfico previsto de cara á celebración das Festas da Peregrina.
A edil indicou que a rúa Alameda será pechada o día 5 de agosto ás 23.00 horas. De xeito previo, xa foi colocada toda a sinalización cos valados de prohibido estacionamento nas rúas Xeneral Martitegui e na mesma rúa Alameda. Estes cambios manteranse até a primeira hora do xoves 21 de agosto.
O peche das rúas Alameda e Raíña Vitoria derivará nunha modificación da sinalización e cambios de sentido de circulación noutras rúas, quedando do seguinte xeito:
- Rúa Echegarai:
Restrínxese a circulación agás residentes e servizos. O acceso farase pola rúa Maestranza (fronte da fachada principal Facultade Belas Artes e Ambulatorio Virxe Peregrina).
- Xeneral Martitegui
Invértese o sentido desta rúa co fin de permitir o acceso á rúa Maestranza – Echegarai. e permitir a entrada ao aparcadoiro da Praza do Concello.
- Rúa San Roque
Restrínxese o tráfico de acceso dende Corvaceiras até a rúa Alameda, agás residentes.
Dende Paseo Colon, dirección obrigatoria cara a Corvaceiras, agás a entrada do aparcadoiro soterrado (que se accede desde a rúa Raíña Victoria).
- Outros
Traslado da Parada de Taxis á rúa Xeneral Martitegui (marxe esquerdo segundo novo sentido de circulación. Marxe dereita: Zona de Carga e descarga, Zona de Servizos e Reserva de estacionamento para persoas con mobilidade reducida —preto da Alameda—.
Dispositivo de tráfico para o sábado 9, o domingo 10 e o venres 15 de agosto, coincidindo coas touradas
Un operativo especial da Policía deixará a contorna da praza de San Roque lista para a celebración en condicións de seguridade dos espectáculos taurinos desta fin de semana.
- Dende as 08.00 horas, prohíbese o estacionamento nas rúas próximas a Praza de Touros: Victor Said Armesto, Campo da Torre e Nostramo Lourido.
- Dende as 18.00 horas (de xeito aproximado) quedarán peonalizadas as rúas que arrodean a praza e outras menores, por motivos de seguridade.
En conxunto, será necesario despregar un total de 25 vallas con sinalización efémera. A Av. de San Roque quedará cortada nas Corbaceiras en sentido subida, así como a Víctor Said Armesto e outras menores que dan acceso á Praza de Touros. Tamén se cortará o Paseo de Colón á altura da rúa Monteleón, de tal xeito que os vehículos que circulen por esta vía desde a Ponte da Barca, deban dirixirse á Av. de Uruguai. Os vehículos que circulen desde a Av. de Uruguai pola rúa Irmáns Nodales terán que voltar ás Corvaceiras por San Roque.