A segunda edición do PlantFest achega a cultura verdeeste sábado á Alameda 

 A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías presentou esta mañá a segunda edición de PlantFest unha iniciativa coordinada pola floraría Plántate que busca achegar o mundo das plantas e da cultura verde á cidade.

A concelleira de Promoción da cidade explicou que PlantFest é unha proposta de “Ángela Ogando e Esperanza Otero da floraría Plántate que está na Oliva que dende hai moito tempo levan facendo moitísimas iniciativas para dar a coñecer a cultura verde”. Aínda que o Concello participou o pasado ano coa cesión de espazos, “nesta segunda edición queríamos impulsar un pouco máis o festival polo que as organizadoras deseñaron un programa para o vindeiro sábado, 14 de xuño, que terá concertos, foodtrucks… Será na Alameda, na contorna do palco da música de 17.00 a 22.00 horas”, explicou Anabel Gulías.

Entre as actividades propostas están o intercambio de escallos, obradoiros de plantas e obradoiros infantís, stands de venda de planta… e greeninfluencers “que son as influencers do mundo verde que teñen centos de miles de persoas que seguen os seus consellos de coidado de plantas, da horta e que estarán presentes aí para facer charlas e faladoiros sobre o sector verde”, explicaba Esperanza Otero.

A segunda edición do PlantFest conta cun programa estudado minuciosamente para ofrecer tanto as familias como a xente que lle encanta as plantas, un lugar no que podan estar a gusto, estar nun entorno verde e, sobre todo, experimentar este mundo que é moi beneficioso para nós, como persoas e para a cidade”, indicou Ángela Ogando.

Compartir publicación: