A Concellaría de Urbanismo vén de facer público o bando de Alcaldía que obriga a propietarios de terreos e soares no concello en condicións e limpeza para evitar os incendios. Esta obriga de xestión da biomasa terase que executar antes do 31 de maio de 2025.
O bando lembra que coa chegada da tempada estival e, polo tanto, o incremento das posibilidades de incendios forestais, os propietarios teñen obriga de manter os seus terreos en condicións de seguridade, salubridade e de conservar e manter o solo natural, e, se é o caso, a masa vexetal nas condicións precisas que eviten a erosión e os incendios.
Seguindo a Lei de prevención defensa contra os incendios forestais recolle que administracións e entidades titulares de infraestruturas deberán manter limpas as parcelas nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, núcleo rural e urbanizable, arredor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras, parques instalacións industriais, entre outros.
O Concello de Pontevedra ten aprobado o plan de actuación municipal contra incendios forestais en Xaneiro de 2023, no que se recolle que o Concello vixiará o cumprimento das obrigas de xestión de biomasa nos terreos incluídos nas redes e faixas, así como os potencialmente perigosos definidos no plan.
O prazo fixado pola Xunta de Galicia para o cumprimento das obrigas remata o vindeiro 31 de maio de 2025.