A historiadora María Vidal Solla será a encargada de darlle a benvida ao maio
A historiadora María Vidal Solla será a encargada de darlle a benvida ao maio deste ano, previa á celebración do concurso que terá lugar na praza da Ferraría este xoves, 1 de maio, a partir das 11.00 horas co que o Concello celebra a tradicional Festa dos Maios.
Nesta edición participarán os seguintes maios: San Xulián de Marín, Marcos da Portela, Maio de Figueirido, Maio da Asociación cultural-deportiva Campañó, Maio do colexio Froebel, Maio do colexio Campolongo, e Maio de Marcón. Todos eles disputaranse os premios ao mellor maio, interpretación, coroas e letras.
A Concellaría de Cultura que dirixe Demetrio Gómez fai unha achega de 6.250 euros para os premios do concurso que serán os seguintes:
- Premio por participación a cada maio: 150,00 euros
- Premio especial do xurado: 300 euros
- Premios ao maio tradicional
- Premios ás cantigas
- Premios á interpretación