O Concello mobiliza case medio millón de euros para actividades de formación para o sector turístico e Pontevedra Capital Gastro

O Plan de Sostenibilidad Turística de Pontevedra (PSTD) conta co apoio do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU 

O alcalde e portavoz do Goberno, Miguel Anxo Fernández Lores, compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta da Xunta de Goberno Local celeberada a primeira hora. Dentro dos distintos asuntos tratados na orde do día e mesmo fóra dela, o rexedor quixo destacar as novidades ao redor do Plan de Sostenibilidad Turística de Pontevedra (PSTD), que ve aprobada a licitación de actividades de formación para o sector turístico e ‘Pontevedra Capital Gastro’. Cómpre lembrar que a execución deste PSTD realízase co apoio do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O rexedor sinalou que o importe destinado a estas actividades e para Pontevedra Capital Gastro 462.927 euros (IVE incluído). Ten unha execución de 12 meses, co obxectivo de fomentar a cultura gastronómica baseada no produto sostible e de proximidade, aproveitando o conxunto de actividades previstas neste contrato que están intimamente ligadas á cultura gastronómica galega, tendo o Mercado como elemento nuclear das distintas propostas.

Haberá dous lotes distintos: o primeiro é para formación para o sector turístico (dixitalización dos profesionais, innovación en materia gastronómica, novos produtos, novas técnicas…); namentres o segundo lote enmárcase no propio Mercado, poñendo en valor o produto de proximidade, obtido no mar e na terra, ademais dos oficios tradicionais e ofrece unha dinamización deste espazo.

Compartir publicación: