Este venres 11 ás 19.00 h na Casa das Campás terá lugar a primeira sesión de palestras, da man do coronel José Adelino Castro Carneiro e o profesor Manuel Loff.
O propio día 25 nas escaleiras do Teatro Principal, cara ás 19.00h.
O Ateneo de Pontevedra organiza, en colaboración co Concello de Pontevedra un ciclo de palestras que conmemoran un feito tan relevante política, cultural e socialmente como o foi a Revolución do 25 de abril de 1974 en Portugal, coñecida popularmente como a Revolução dos Cravos, baixo o ciclo “25 de abril, sempre”.
Entre os actos organizados, terán lugar:
- O venres 11 de abril, a palestra Operación Viragem histórica no Porto onde se contará coa presenza dunha figura relevante no que foi este proceso histórico no norte de Portugal, o hoxe coronel retirado Jose Adelino Castro Carneiro, e mais a palestra Do verán quente á Contrarrevolución da man do profesor titular de Historia Contemporánea no Departamento de Historia e Estudos Políticos e Internacionais da Facultade de Letras da Universidade de Oporto, e investigador senior no Instituto de Historia Contemporánea Manuel Loff.
- O propio venres 25 de abril, a cantata comunal e pública Grândola Vila Morena conducida polo musicólogo Nelson Quinteiro. Terá lugar ás 19.00h. na escaleiras do Teatro Principal se o tempo o permite.
- E como peche, o luns 28 de abril, a palestra Portugal 1975, un país dúas Revolucións co xornalista da RTP (Rádio Televisão Portuguesa) e profesor na Universidade Lusófona de Lisboa Jacinto Godino e máis a palestra A recepción da Revolución dos Caraveis na diáspora da man do profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra Alberto Pena.