O concelleiro Demetrio Gómez e as docentes dos cursos concluíron que era preciso traballar para que se sumasen máis homes á programación, así como continuar a divulgar entre a mocidade as propostas da Escola.
A Concellaría de Xuventude fixo balance esta semana da programación da quinta edición Escola feminista da mocidade que rematou nestes días a súa programación 2024-2025. O concelleiro Demetrio Gómez mantivo un encontro coas docentes da escola que valoraron positivamente o espazo que se oferta as mulleres para tomaren conciencia e colaborar.
A Escola feminista ofertou este ano 5 actividades entre novembro de 2024 e primeiros de abril de 2025, dirixidas a mocidade entre 15 e 35 anos. As actividades que se impartiron foron:
- Curso de cociña e corresponsabilidade para a igualdade.
- Obradoiro de xestión do dó (A dor ante a perda).
- Círculo de empatía (espazo seguro que naceu despois da pandemia, onde as persoas poidan falar de cousas que lle importan, de emocións e sentimentos, e pásalo ben xuntas, xogar)
- Obradoiro de Zentangle: empoderamento artístico a través da arte, a creatividade e a meditación.
- Obradoiro artístico: coidado emocional e empoderamento creativo.
A programación de 2025 saldouse 21 accións (ou encontros) nos que participaron con 69 persoas (59 mulleres, 8 homes e 2 non binarios). O perfil de idades foi:
- 13 anos: 1 persoa (1%)
- 15-17 anos: 6 persoas (9%)
- 18-24 anos: 9 persoas (13%)
- 25-35 anos: 18 persoas (26%)
- 36-45 anos: 15 persoas (22%)
- +46 anos: 18 persoas (26%)
- +60 anos: 2 persoas (3%)
De cara aos retos dos próximos anos, as docentes confirmaron que se debe traballar por incrementar a participación masculina nos obradoiros (actualmente é residual), especialmente nos máis específicos para continuar aprendendo sobre feminismo.
Tamén consensuaron que era preciso continuar a divulgación do programa entre a xente moza explicando en que consiste o proxecto e animándoa a que se sumen e participen.
O concelleiro Demetrio Gómez destacou que aínda que a Escola feminista é un programa que xestiona a Concellaría de Xuventude “é importantísimo que non haxa límite de idade por riba, xa que a xente nova ten necesidade de coñecer a opinión das mulleres maiores ca eles”, algo que se confirmou nesta edición ao incluír á persoas que superaban o límite de idade prefixado.