Xa se pode consultar a memoria e os planos do proxecto de renaturalización do Gafos no web municipal 

O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado  pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O Concello de Pontevedra vén de poñer a disposición de toda a veciñanza o proxecto de renaturalización do río dos Gafos. Está subido á páxina web municipal pontevedra.gal e pódese consultar na ligazón https://pontevedra.gal/renaturalizacion-do-rio-gafos/. Cabe lembrar que o proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O proxecto consta dunha memoria e de 19 anexos ademais dos pregos de prescricións técnicas. En total son 949 páxinas de contido no que se pode consultar o levantamento topográfico, o estudo das alternativas, un estudo sobre o patrimonio da zona de Campolongo e o río dos Gafos, o estudo hidráulico (unha das pezas máis longas), un estudo sobre a caracterización ecolóxica do río e a súa paisaxe, mobiliario urbano e do parque infantil, e os diversos cálculos de cada unha das unidades, o plan de obra ou o orzamento.

Ademais, tamén se inclúen todos os planos do proxecto, arredor de 300 planos, tanto do estado actual como da proposta reformada, demolicións, escavacións, muros, instalacións o estruturas, paisaxe e modelo hidráulico.

Ademais da súa consulta, as persoas que desexen poderán descargar toda a documentación para consultala, tal e como se anunciou no acto de presentación pública celebrado no Teatro Principal.

Compartir publicación: