A nova mascota, directora de cine chegada de Francia, veu para quedar e repartir apertas entre a cativada pontevedresa
Nos próximos días continuarán as visitas matinais aos centros escolares de Pontevedra e parroquias que colaboran co evento, achegando traballos en diversos formatos para a exposición
Nas tardes ata o xoves, continuará a promoción polas rúas e prazas da cidade
O venres ás 18.30h. comezará o espectáculo inaugural da XXVI edición do Salón ‘Luces, cámara, acción… que vén o Salón’ tralo que terá lugar a tradicional apertura de portas
Na mañá de hoxe o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Cultura Demetrio Gómez presentaron a Marceline Loup, a curmá francesa do lobo Orbil, mascota do Salón do Libro no CEIP A Xunqueira 1 e manifestar estar “encantados de recibir a Maceline que veu para quedar e facer feliz á cativada que cada ano devece por saudar a Orbil”
O afamado e querido lobo lector, contará a partir de agora cunha compañeira, directora de cinema e chegada de Francia en relación á temática da edición que botará a andar este venres 21. O espectáculo inaugural ‘Luces, cámara, acción… que vén o Salón’ terá lugar ás 18.30h con entrada libre ata completar cabida e, dirixido por Manuel Albariñas contará coa intervención da Xingro’s Bing Band, o Coro do IES Xunqueira 1, V de Minúscula (Noela Hermida e Gabriel Bravo), Ares Caínzos, IES Illa de Ons. ESDEMGA, Mara Iglesias, e como non, Orbil e Marceline. Ao remate, terá lugar a tradicional apertura de portas do Salón para a visita libre.
Na tarde de hoxe martes entre as 17.30 e as 19h. Obril ou Marceline estarán na contona de Praza de España, mañá mércores no parque de Campolongo e o xoves na Alameda e parque das Palmeiras.
Tamén continuarán ata o venres en horario matinal a xira de visitas aos centros escolares colaboradores de Pontevedra e parroquias iniciada a semana e na que percorreu entre outros os CEIPS San Martiño, Álvarez Limeses, Praza de Bacelos, Vilaverde-Mourente, Ponte Sampaio, Froebel, o CEE Pontevedra ou as EEI do Vao e Verducido.