O proxecto defnitivo será pechado a finais de semana para ser presentado na súa totalidade a partir das 20.00 horas.
O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
O edil César Mosquera deu conta da Comisión de mobilidade, infraestruturas, obras e servizos celebrada a primeira hora. O asunto máis destacado da mesma foi a presentación das primeiras imaxes de renaturalización do Río Gafos ao seu paso por Campolongo. O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecoógica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Ora ben, alén desta primeira toma de contacto institucional, o Concello de Pontevedra ten prevista unha presentación pública no Teatro Principal deste mesmo proxecto. Trátase dun acto aberto, o vindeiro 21 de marzo ás 20.00 horas. Toda persoa que queira asistir poderá facelo, sen necesidade de reserva ou solicitude previa de ningún tipo.
A presentación a realizar contará coa explicación do equipo redactor do proxecto, Calco Territorio y Urbanismo, que achegarán as ideas principais da actuación, así como os deseños cos que se traballará á hora de destapar esta parte do río e crear unha nova zona máis verde na cidade.
Mosquera lembrou que a prioridade agora é rematar o proxecto esta mesma semana, para logo licitar e adxudicar a obra, alén de posíbeis fondos ou axudas europeas e prazos. Doutra banda, cómpre sinalar que o proxecto será desenvolvido a través dunha única actuación, e non por fases, coa idea de minimizar as molestias e asegurar a execución total do mesmo.