A proposta da orquestra e Concello de Pontevedra, contou con pases ás 10 h e 12 h do martes 11 e xoves 12 e achegou a través da música, o circo e un videoconto, personaxes relevantes da mitoloxía e a vida de mulleres galegas que desenvolveron grandes fazañas, non sempre recoñecidas, na historia do s. XX en Galicia.
Alumando de infantil e primaria de 25 centros de Pontevedra e contorna, gozarou deste espectáculo exclusivo e encheron o auditorio do Pazo da Cultura nas 4 sesións concertadas.
As escolas participantes recibiron con anterioridade unha unidade didáctica con actividades adaptas as diferentes idades e, durante as representacións, puideron visionar unha montaxe cos diferentes debuxos que achegaron.
Preto de 2500 escolares de infantil e primaria gozaron nas mañás do martes 11 e o mércores 12 no auditorio do Pazo da Cultura cos concertos didácticos deseñados pola Orquestra Sinfónica de Pontevedra. As 4 sesións programadas e cheas, acolleron rapazada procedente de 25 centros de Pontevedra e contorna, como os CEIP Campolongo, San Martiño, Vilaverde – Mourente, Álvarez Limeses, Barcelos, Marcón, Froebel ou Manuel Vidal Portela ou EEI Crespor Rivas, O Vao ou Verducido,
O concerto didáctico “In Gallaecia, mulieres mythorum!”, deseñado pola Sinfónica “combina teatro e música e está destinado aos nenos/as de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) e Primaria (6-12 anos), e procura, mesturando a música, un videoconto feito a man e arte circense, achega as personaxes máis relevantes da mitoloxía galega, mesturándoas con feitos históricos onde mulleres galegas desenvolveron grandes fazañas, non sempre recoñecidas, na historia do s. XX en Galicia”.
O espectáculo conta a nivel musical cun quinteto de metal, un piano e un violín baixo a dirección de Lara González e a voz de Cristina Suárez. Como protagonistas da historia, unha avoa e unha neta, representadas por Laura Mourín e Miriam Crespo quen, xunto a Joao de Araujo, forman Asaco Circo, responsable de 4 números de circo que representan os seres mitolóxicos da historia: un zancudo en forma de olláparo, malabares con luces que dan vida á apócema da meiga, malabares con dagas que representan a Coca (dragón medieval) e pompas de xabón que simbolizan os trasnos da Maruxaina (serea). A historia está reforzada con videoconto feito a man, con bonecas de fieltro e elementos naturais como paus, rochas, cristais etc como escenografía.
Na unidade didáctica recibida previamente polos centros escolares asistentes, elaborada tamén pola orquestra e con actividades adaptadas a todas as idades, a rapazada traballou a un nivel máis básico para recoñecer os instrumentos e cantar as cantigas en galego que forman parte do concerto e máis fondamente para coñecer a figuras femininas como as heroínas de Sálvora, as lavandeiras de San Simón, as irmáns Touza ou a compositora galega Eugenia Osterberger.
Tamén descubriron diferentes figuras mitolóxicas como a Coca, a Maruxaina, o Lobishome, Pepa a Loba, o Nubeiro, as meigas e os trasnos dos que realizaron debuxos que os centros enviaron previamente e que foron proxectados durante o espectáculo.