O servizo de Cultura tomou a decisión logo dunha xuntanza coas persoas participantes nestas actividades, após consultar as previsións meteorolóxicas, que anuncian auga e vento abundante
A choiva e o vento serán unha constante ao longo das vindeiras horas. Así o prevén todas as fontes consultadas polo servizo de Cultura do Concello de Pontevedra. Por mor disto, a decisión é adiar unha semana a celebración das actividades relacionadas co Entroido para esta fin de semana.
Así, a XXVIII Mostra da Parodia do Entroido pasará a celebrarse o vindeiro 14 de marzo. Doutra banda, a saída do cortexo funebre de Ravachol, así coma o seu velorio infausto, pasarán para o sábado 15 de marzo.
Trátase dunha decisión conxunta entre Concello e participantes nas nomeadas actividades, lembrando que as instalacións que montan non son de carácter profesional, polo que a choiva e o vento dificultaría enormemente a súa posta en escena e posterior aguante baixo condicións meteorolóxicas adversas.