Continúa o zafarrancho de limpeza na avenida María Victoria Moreno 

A Concellaría de Servizos urbanos básicos, encargada da limpeza viaria, dirixida por Xaquín Moreda continúa esta semana co zafarrancho de limpeza na avenida María Victoria Moreno pero nesta ocasión no marxe residencia de Campolongo.

A limpeza farase na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada durante a semana prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal. 

O zafarrancho farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

Compartir publicación: