O Salón do Libro acollerá a 5ª edición da Troca de Libros e o 30 aniversario de Ponte … nas ondas!

A mañá do mércores 26 de marzo desde o Auditorio do Pazo da Cultura terá lugar a emisión en streaming do programa radiofónico conducido por Paco Nogueiras no que participarán 8 centros de ensino da provincia de Pontevedra e alumnado da Facultade de Comunicación.

Este evento organizado para festexar o 30 aniversario do proxecto PNO, considerado pola UNESCO un exemplo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial, terá lugar simultáneamente nas ciudades de

Pola súa banda a exitosa Troca de Libros coordinada por David Castro do IES Torrente Ballester, incrementou este ano o número de centros de ensino e ANPAS participantes ata chegar aos 20 e tomará o Recinto Feiral a mañá do domingo 30 de marzo.

Por primeira vez participarán todos os centros de secundaria da cidade e haberá novidades como un mural onde deixar recensións de libros e un Pasaporte Lector.

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez presentou esta mañá, a Troca de Libros e o 30 aniversario de Ponte… nas ondas! que terán lugar dentro do marco do Salón.

Como salientou “estas dúas actividades que traemos hoxe, representada a Troca por David Castro e o Ponte… nas ondas! de Santiago Veloso son proxectos que teñen vida propia e non dependen do Salón do Libro, o que facemos e colaborar unas actividades con outras para que todo mellore, teñan máis visibilidade, etc. Facemos a presentación conxunta porque ambas representan o mellor que se pode facer na educación: fornecer ao alumnado de ferramentas para a vida cotiá, traballar na vida real resolvendo problemas reais. Nun caso recuperando libros e dándolles unha nova vida, como pasa na troca e noutro, traballando na radio, dando a coñecer o patrimonio e poñendo en contacto a nenas e nenos de centros moi diversos, de países incluso distintos, traballando incluso en entornos profesionais”

David Castro, responsable da Troca, salientou que o proxecto busca “dar unha nova vida aos libros que temos na casa e non imos ler de novo por un ou outro motivo. Creamos a oportunidade de que outra persoa poida distrutar deles. No caso da Troca son libros de literatura infantil e xuvenil e o único que pedimos é que estean en boas condicións. 

Un dos obxectivos que conseguimos e aumentar a participación dos centros educativos e ANPAS que medra cada ano. Este ano temos en total 18 centros de infantil, primaria e secundaria públicos e concertados, conseguimos que todos os centros de secundaria do concello participen na troca. Tamén desde hai uns anos participará a Escola Infantil de Idiomas e algunha ANPA dalgún centro que decidiu non participar. Como novidade, este ano elaboraremos un mural no que as persoas participantes na troca poden deixar as súas impresións e recomendacións de libros, facer ilustracións, etc. e tamén imos introducir e moitos dos libros que van aportar os centros e as ANPAS un Pasaporte Lector no que a persoa que leu o libro, pode deixar unha dedicatoria ás peroas que o van ler nun futuro. Así co paso dos anos, podemos ter un percorrido do libro ao longo das diversas edicións da troca”

O sistema de participación será o mesmo que en anteriores edicións: as persoas interesadas en trocar libros achegarán con antelación as obras a calquera dos centros colaboradores e recibirán a cambio tantos bonos como libros entreguen. O día da Troca, poderán escoller un libro por cada un dos vales.

Santiago Veloso, impulsor do proxecto Ponte… nas ondas!! foi o encargado de debullar o proxecto xunto a María Xosé Dourado do IES Luis Seoane ,centro implicado desde o comezo e parte do equipo coordinador e Paulino Pérez, vicedecano da Facultade de Comunicación que participará tamén no programa radiofónico que terá lugar na mañá do mércores 26 de marzo no auditorio do Pazo da Cultura,

“O proxecto PNO celebra o seu 30 aniversario ao longo de todo este ano pero imos focalizar o espírito de Ponte.. nas ondas no día 26 de marzo nunha xornada radiofónica que vai ter lugar desde 8 puntos da xeografía galega e portuguesa: Pontevedra, Vigo, Vimianzo, Santiago, Lugo, Ourense, Valeça do Minho e Lisboa. Centrándonos no pensado para Pontevedra, enmarcado no Salón do Libro, particiaprán centros educativos da cidade e a contorna, de Canfas, a Estrada, etc. Será unha xornada de radio que vai comezar ás 10 da mañá en simultáneo cos restantes lugares. Realizada por alumnado de primaria, secundaria e universitario. Amais da elaboración en directo do programa de radio que vai ser emitido en streaming, haberá colexios que veñan como público, teremos a Paco Nogueiras como condutor, co que xa colaboramos en Radio Bule-Bule e contaremos tamén con Carlos Yus de Migallas Teatro.

Veloso presentou a María Xosé do IES Luis Seoane, centro histórico de Ponte nas ondas! e centro asociado a UNESCO e aproveitou para salientar que “Ponte nas ondas foi inscrito pola UNESCO como exemplo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial”. 

Dourado quiexo agradecer a colaboración do Concello e Salón para festexar os 30 anos de PNO e salientou que “desde os inicios do proxecto nos que o Luis Seoane Colaborou traballa para a recuperación do Patrimonio Inmaterial Galego – Portugués. Quero salientar tamén que a Consellería de Educación  escolleu 20 centros en toda Galicia como modelo de boas prácticas co PCI do modelo Ponte nas ondas e o IES Sánchez Cantón e o Luis Seoane, formamos parte deses centros tanto o ano pasado coma este. No evento do 26 de marzo particiciparemos nós IES Luis Seoane o IES Valle Inclán, CEIP de Cabanas, ES PONTECALDELAS, Facultade Comunicación, IES Sánchez Cantón, Ceip do Foxo, Ceip de Ardán.Bueu e CEIP de Meaño. Agardamos que sexa unha xornada moi agradable á que traeremos testemuñas de tesouros vivos do Patrimonio Cultural Inmaterial.

Pola súa banda o vicedecano da Facultade de Comunicación, Paulino Pérez quixo agradecer ao Concello e o Salón, a PNO e tamén á Troca “por facer cousas que é o interesante.  Nos tiñamos planificado colaborar con eles no 25 aniversario con alumnos que facían un programa de radio, pero chegou a pandemia. Así que parabéns por chegar aos 30 anos! Antes disto xa fixemos algunha cousa con PNO pero desta volta contactaron con nós e eu falei con Concha Gómez, que é a profe de radio de 1º e os alumnos participarán cun par de actuacións musicais, unha reportaxe sobre os 100 anos da radio que se cumpren este ano”.

Compartir publicación: