O prestixioso galardón, convocado por primeira vez en 1958, é o máis antigo do Estado español en literatura infantil e xuvenil e desde 1986, competencia da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil)
En case 70 anos de vida, será a primeira ocasión na que terán lugar fóra de Madrid ou Barcelona
O proxecto, con modalidades Álbum Ilustrado e Creación Literaria, busca fomentar a produción de literatura de calidade para cativada e mocidade, e admite orixinais en calquera das linguas do estado.
Desde os seus inicios, 11 galegos e galegas como Agustín Fernández Paz, Marilar Aleixandre, Ana María Fernández, María Solar ou Lecicia Costas – ata en 3 ocasións – recibiron este premio
Pontevedra e en concreto o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, serán escenario da entrega dos Premios Lazarillo 2024 segundo anunciu esta mañá o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez acompañado de David Cortizo, presidente de Gálix e Vicepresidente do OEPLI, encargada de convocalos a partir de 1986.
“Estamos hoxe aquí xuntos porque traemos unha moi boa nova para Pontevedra que é que o Salón do Libro o día 2 de abril vai acoller a entrega e revelación do Premio Lazarillo que probablemente sexa o premio máis importante que se entrega no Estado para a Literatura Infantil e Xuvenil e o máis lonxevo. Son premios que se entregan desde 1958 e que sempre se entregaron en Madrid agás alguna vez que se entregaron en Barcelona. Sempre estiveron dentro desde circuito das grandes editoriais e por primeira vez saen para vir a Pontevedra onde o Salón do Libro vai estar orgullosísimo de acoller esta celebración e fallo do xurado destes premios.
Logo David explicará, pero entendemos e Gálix propuxo a nosa cidade como sede porque aquí atopamos un tecido, un ecosistema importantísimo que potencia a LIX. Hai autoras a autores, editorias, temos un Salón do Libro que neste momento é o máis antigo do Estado e temos moítisimos lectores e lectoras que fan que Pontevedra sexa como vos dicía, unha auténtica potencia na literatura infantil e xuvenil. Por iso ese día 2 de abril, Día do libro Infantil e Xuvenil, no marco do Salón do Libro, teremos o fallo do xurado e entrega de premios nun evento que pretendemos que sexa unha presentación en sociedade desa potencia da literatura infantil e xuvenil en Pontevedra, desa potencia creativa, cun acto no que os nenos e nenas da nosa cidade terán especial peso.
Actualmente os Premios Lazarillo entréganse en dúas categorías: Álbum ilustrado e Creación Literaria e Galiza ten demostrado alí máis que sobradamente a súa potencia, xa que desde que o gañou Agustín Fernández Paz en 1990, Galiza leva recibido 11 veces este galardón o que fai prácticamente un tercio, un 33% dos que se entregaron a partir dese ano. Temos a Ledicia Costas amosando o súa valía porque o gañou ata en tres ocasión, a última en 2021.
Estamos realmente orgullosas de acoller os Lazarillo en Pontevedra, encantadas de colaborar con esta iniciativa e de que poida servir para amosar todo o que Pontevedra fai neste ámbito a todo o Estado”, rematou o concelleiro antes de pasar a palabra a David Cortizo.
Cortizo quixo destacar que “a OEPLI decidiu que quería saír do circuito Madrid- Barcelona. Realmente Madrid porque levaban xa 10 anos consecutivos entregando o Premio Lazarillo alí, na Feira do Libro de Madrid e nunha reunión tomaron esta decisión para potenciar o acto de entrega do premio e o propio premio, para que tivera máis difusión no resto do Estado. Mercedes Pacheco que é a secretaria técnica de Gálix, pediu que se se facía así, a primeira cidade non podía ser outra que Pontevedra. Polo que falamos do Salón do Libro pero tamén o Culturgal, o apoio decidido da cidade de Ponteveda ao libro infantil e xuvenil. Pensamos moito tamén nunha persoa pontevedresa, que nunca gañou o Lazarillo pero é unha figura da Lix, Fina Casalderrey, moi valorada dentro da OEPLI. Noun houbo ninguna dúbida, foi decidido por unanimidade nas 4 seccións da OEPLI: a sección catalá ClijCat, a vasca Galtzagorri, a galega que presido eu que é Gálix e a sección do castelán, que é Consejo General do Libro. Non houbo ninguna dúbida para designar a Pontevedra como lugar onde había que entregar o premio e decidimos que fose no Salón do Libro e o 2 de abril que é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Como xa comentu Demetrio nos últimos anos o Premio Lazarillo tivo moitas gañadoras en lingua galega. Os orixinais preséntanse nas 4 linguas e se me permites, eu quería citar a lista de gañadoras, que gañaron cunha obra en lingua orixinal en lingua galega un premio estatal, xa que desde 2014 as gañadoras maioritariamente foron galegas e é un dato impresionante. Que menos que escoller unha cidade galega, unha cidade como Pontevedra que apoia tanto a cultura, para entregar os premios”.
Listaxe gañadoras galegas e galegos dos Premios Lazarillo
1990 – Agustín Fernández Paz – Contos por palabras
1999 – Marilar Aleixandre – A banda sen futuro
2000 – Gloria Sánchez – Cándida Viladecruces
2001 – Ana María Fernández Martínez – Amar e outros verbos
2004 – Xosé Antonio Neira Cruz – A noite da raíña Berenguela
2009 – Marcos S. Calveiro – O pintor do sombreiro de malvas
2014 – María Solar – O meu pesadelo favorito
2015 – Ledicia Costas – Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
2017 – Ledicia Costas – A balada dos unicornios
2018 – Andrea Maceiras – Rusgalia
2021 – Ledicia Costas – A lebre mecánica