Na tarde de onte martes tivo lugar da man da Asociación Sirio colaboración de Sirio, unha reunión formativa de cara aos fenómenos astronómicos que terán lugar entre marzo de 2026 e xaneiro de 2028
Está previsto un evento de observación pública na Ponte do Burgo o vindeiro sábado 29 de marzo a partir das 10.40h con reparto de 2000 lentes, asesoramento e diversos métodos de observación disponibles.
Neste evento preparatorio a porcentaxe de ocultación do Sol será de preto do 31% pero o 12 de agosto do 2026 será total en Galicia. Haberá tamén eclipses o 2 de agosto de 2027 cun 77’16% e o 26 de xaneiro de 2028 cun 72,16%
Onte martes tivo lugar no pazo da Cultura a reunión formativa motivada polo tren de eclipses que se vai a producir na nosa cidade, entre o 29 de marzo de 2025 e o 26 de xaneiro de 2028. Esta charla formativa foi impartida por membros da Asociación astronómica Sirio, en colaboración co Concello de Pontevedra.
Participaron un total de 37 persoas, principalmente profesionais do ensino e do ocio e tempo libre, ademais doutras persoas interesadas.
O que está por vir trátase dun dos eventos astronómicos máis espectaculares: 4 eclipses de Sol que serán vistos dende a cidade de Pontevedra. O primeiro destes eclipses terá lugar o 29 de marzo de 2025 (sábado). Será unha eclipse parcial de Sol no que Lúa ocultará o Sol un 30,8%. Aínda que esta eclipse é a menos relevante, non deixa de ser un evento astronómico moi interesante, á vez que supón unha oportunidade como preparatorio do seguinte que terá lugar no 2026 e que será do 99,58%. Por iso é importante formarse de cara ás prevención de queimaduras tendo en conta as importantes medidas de seguridade que hai que adoptar para a súa observación.
A colaboración de Sirio con Concello de Pontevedra irá máis aló desta charla informativa xa que, tal e como avanzou o edil Demetrio Gómez na presentación deste ‘plan eclipse’, “o sábado 29 a partir das 10.15 da maña estaremos na Ponte do Burgo para observar o eclipse que se vai producir este ano. Grazas a Asociación Sirio imos contar alí cunha serie de materias que nos van permitir observar o eclipse, tanto directa como indirectamente, algún telescopio. Van asesorar tamén ás persoas que por alí se acheguen e ademais imos repartir 2000 lentes para observar alí. Escollemos a Ponte do Burgo porque é punto con mellor visibilidade. Se acompaña o tempo poderemos realizar esta actividade e se non, quedamos aprendidos para a seguinte, que será en agosto de 2026”