Ponteatro bota a andar este xoves co espectáculo ‘4×4’ de Ron Lalá

O ciclo aposta polo humor e a música na proposta teatral que subirá as táboas do Teatro Principal este xoves 20 de febreiro ás 21h. e para a que apenas quedan entradas dispoñibles.

Nas próximas semanas e ata o 3 de abril El espejo negro, Redrum, Ibuprofeno Teatro, a compañía de danza Fran Sieira e a agrupación teatral do IES Illa de Ons de Bueu completarán o amplo e variado programa

As entradas para cada sesión están á venda anticipadamente a o prezo habitual de 8€ e reducido de 4€ para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65 anos, excepto ‘Miserábeis’ cunha entrada única de 3€ ao ser unha colaboración co Salón do Libro

Bota a andar este xoves ás 21h. no Teatro Principal unha nova tempada de Ponteatro que, tal como avanzou o edil Demetrio Gómez na presentación, “achegará 6 espectáculos innovadores e arriscados que combinan diversas artes escénicas e xéneros teatrais e onde van dialogar algunha das mellores pezas do teatro galego que podíamos traer con algunhas que traemos de fóra de Galiza.”.

É o caso de Ron Lalá a a súa proposta ‘4X4’ cargada de humor, teatro e música que, a día e medio da representación, xa completou o patio de butacas e boa parte do anfiteatro. A compañía, fundada en Madrid é cunha traxectoria de máis de 20 anos, acumula numerosos premios e recoñecementos.

Unha viaxe ás catro primeiras obras de Ron Lalá. Un percorrido polas escenas esenciais dos espectáculos que a consolidaron como unha das compañías máis premiadas e aclamadas pola crítica e público: “Mi misterio del interior”, “Mundo y final”,

“Time al tiempo” e “Siglo de Oro, siglo de ahora”. Unha ruta teatral e musical, co desafío de revivir as catro propostas e dar conta da evolución creativa e escénica dos “ronlaleiros”. Catro espectáculos nun. Unha festa de humor crítico e cítrico. Ron Lalá en estado puro.

Creación colectiva: Ron Lalá

Dirección: Yayo Cáceres. Elenco: Juan Cañas, Miguel Magdalena, Diego

Morales, Luis Retana e Daniel Rovalher.

Duración: 80 min

Compartir publicación: