Zafarrancho de limpeza na rúa Rosalía de Castro

A Concellaría de Servizos urbanos básicos, encargada da limpeza viaria, dirixida por Xaquín Moreda realiza esta semana un zafarrancho de limpeza na rúa Rosalía de Castro, dende a rotonda da avenida. Manuel del Palacio até Mollavao, en ambas marxes.

A limpeza farase na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada durante a semana prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal. 

O zafarrancho farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

Compartir publicación: