Continúa o éxito das Noites Abertas

Por segunda fin de semana consecutiva a mocidade pontevedresa mantivo unha elevada participación nas actividades programadas desde Xuventude.

Ata o 29 de marzo, exceptuando o Entroido, Noites Abertas manterá a súa programación gratuíta e destinada a xente moza entre o 12 e os 30 anos, para a que non é preciso reserva de praza. Máis información en noitesabertas.gal

A rapazada poderá tamén empregar o ‘Espazo Aberto’ na Casa Azul para socializar e gozar con cómics, instrumentos musicais ou xogos de mesa.

Por segunda fin de semana consecutiva a mocidade pontevedresa mantivo unha elevada participación nas Noites Abertas e nas súas variadas actividades de lecer nocturno e de balde.

Entre o venres e o sábado ofertáronse 27 sesións diferentes. En total participaron 478 persoas: 42% mozas, 54,3% mozos, 2,6% non binario, 1,09% outras identidades e e 0,01%NC.

Mantense a porcentaxe superior de mozos debido á actividade de fútbol que oferta un gran número de prazas e a participación está sempre masculinizada (nesta ocasión participaron 106 mozos e 6 mozas).

Por idades, o 59,6% da participación corresponde ao treitoo de idade de 17 a 25 anos, seguido do treito 12-16 anos que representa o 27% e o 13,4% restante correspóndese ás maiores idades, 26-30 anos, que xa van abandonando o programa.

Nesta fin de semana 19 persoas quedaron sen praza na actividade que escolleran, mais non quedaron fóra de Noites Abertas senón que se redirixiron a algunha das outras dispoñibles.

Por instalacións a maior participación estivo no colexio Froebel con 243 persoas ao longo de toda a fin de semana. Nos campos de herba sintética da Xunqueira 112, seguido da Casa Azul con 68 persoas, 17 ao aire libre no serán e finalmente15 no Local de Música.

Por diante quedan 5 fins de semana máis ata o 29 de marzo, agás durante as festas do Entroido.

Lembramos que as actividades de Noites Abertas non requiren inscrición previa (agás as 3 que implican desprazamento de autobús), son gratuítas e só teñen a limitación da idade correspondente, oscilando entre os 12 e os 30 anos.

Pode consultarse toda a programación e información concreta de cada actividade na web https://noitesabertas.gal ou no Instagram de Xuventude do Concello de Pontevedra @xuventude onde se resolven todas as dúbidas e preguntas practicamente en tempo real.

Compartir publicación: