A Concellaría de Servizos urbanos básicos, encargada da limpeza viaria, dirixida por Xaquín Moreda continúa esta semana co zafarrancho de limpeza na rúa Eduardo Pondal dende a rotonda de Doce de novembro até a rotonda de Augusto García Sánchez, en ambas marxes.
A limpeza farase na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada durante a semana prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.
O zafarrancho farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.