O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
O edil César Mosquera destacou os avances no proxecto para destapar e renaturalizar o río Gafos no seu tramo urbano, proxecto que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecoógica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
«Teño comentado que facer este proxecto por fases non era a mellor opción, e que era mellor facelo de seguido, e non por tramos. A consultora que está traballando vén de realizar unha proposta na que se podería facer obra toda xunta, tirando tamén do canon de Saneamento (Viaqua), financiando a parte que corresponde a sacar as tubaxes da canle. A obra pasaría a contar con preto de 4 millóns. Realmente é unha boa solución e evitaría moitísimos dos problemas previstos se se fixese por tramos», indicou o concelleiro.
Mosquera conta que no prazo dun mes, de xeito aproximado, a proposta do proxecto estea lista para ser amosada a Augas de Galicia. Doutra banda, o edil explicou que o Concello conta con ter adxudicada esta obra antes do 30 de xuño.