O programa Apego achega en Pontevedra unha novidosa e completa programación para o mes de febreiro no Pazo da Cultura

O formulario de preinscrición está xa está activo en apuntate.pontevedra.gal e terán prioridade á hora de asistir as familias que forman parte do programa

Arkhé Espazo Educativo, Atenea García, Lorena Pinheiro ou Vero Rilo e Sonsoles Penadique formarán parte do programa por primeira vez, sumándose ás propostas de Fundación Legar

As actividades están destinadas ás familias, con crianzas entre os 0 e os 7 anos,  e teñen entre os seus obxectivos restaurar a posibilidade de que a cativada aprenda galego de xeito natural, nun contexto familiar e de socialización.

Xa está tamén disponible o calendario Apego 2025 que, con imaxes cedidas polo Concello de Ames e deseño de Ruth Caramés, achega ditos ou recitados para recuperarmos a tradición dos xogos de palabras.

Aquelas persoas intersesadas en adherirse ao Apego poden solicitar unha cita no servizo de Normalización Lingüística para programar a entrevista personalizada.

O Servizo de Normalización Lingúística do Concello de Pontevedra, elaborou para o mes de febreiro un programa de actividades de natureza diversa dentro do programa Apego. Esta iniciativa, da que forman parte varios concellos galegos, busca dotar ás familias de recursos e ferramentas para posibilitar a crianza e sociabilización en galego, reforzar a transmisión de pais e nais a nenos e nenas e restaurar a posiblidade de que a cativada aprenda galego de xeito natural, especialmente nos primeiros anos de vida, entre os 0 e os 7 anos.

O programa, ilustrado por Tania Solla, estará composto por varias actividades novas, como ‘Corochas’ de Atenea García o venres 7 en dúas quendas, ‘Música na pel’ o luns 10 con Arkhé Espazo Educativo en pase único, un dobre pase de ‘Cucú tapa o cu’ con Lorena Pinheiro o venres 14 e ‘Triscus Beliscus, con Vero Rilo e Sonsoles Penadique o venres 27 tamén con dúas sesións. A Fundación Legar formará parte de novo da programación achegando o venres 21 con ‘Arrolar’ para bebés de 0 a 15 meses e ‘Arrolar e bailar’ para crianzas entre 15 meses e 3 anos.

Entre as 6 propostas plantexadas cun total de 9 pases, as familias atoparán narración oral, cancións, xogos, bailes, trabalinguas, adiviñas ou recitados.

O prazo de preinscrición está xa aberto na plataforma apuntate.pontevedra.gal e, como vén sendo habitual, accederán de xeito prioritario as familias adheridas ao Apego.

Venres 7 de febreiro – Corochas, con Atenea García (NOVA)

Para familias con crianzas de 0 a 3 anos

Sesión de narración oral que utiliza o conto acumulativo, a canción e o xogo de imitación para achegar novas paisaxes e personaxes.

—    De  17.30 h a 18.10 h na Cova dos Libros Fantásticos

—    De  18.30 h a 19.10 h na Cova dos Libros Fantásticos

Luns 10 de febreiro – Música na pel, con Arkhé Espazo Educativo (NOVA)

Para familias con crianzas a partir de 2 meses que aínda non se despracen

(Poderán acompañar tamén as irmás e irmáns maiores de máis de 3 anos)

Sesión para aprender unha rutina de masaxe equilibrada acompañada de arrolos, cancións tradicionais e xogos de tacto.

—    De  17.30 h a 18.20 h no Pazo da Cultura

Venres 14 de febreiro – Cucú tapa o cu, con Lorena Pinheiro (NOVA)

Para familias con crianzas de 3 a 6 anos

Obradoiro para aprender xogos e enredos do noso patrimonio cultural inmaterial: trabalinguas, adiviñas, recitados, cantigas e bailes cos que xogar en calquera contexto ou lugar.

—    De  17.30 h a 18 h na Cova dos Libros Fantásticos

—    De  18.30 h a 19 h na Cova dos Libros Fantásticos

Venres 21 de febreiro – Arrolar e bailar, coa Fundación Legar

Para familias con crianzas de 15 meses a 3 anos

Sesión para aprender arrolos e cantigas de berce como instrumento de relaxación, e bailes de roda para gozar en familia.

—    De  17 h a 18 h na Cova dos Libros Fantásticos

Venres 21 de febreiro – Arrolar, coa Fundación Legar

Para familias con crianzas de 0 a 15 meses

Sesión para aprender arrolos, nanas ou cantigas de berce como instrumento de relaxación e de creación de espazos de calma.

—    De  18.30 h a 19.30 h na Cova dos Libros Fantásticos

Xoves 27 de febreiro – Triscus Beliscus, con Vero Rilo e Sonsoles Penadique (NOVA)

Para familias con crianzas de 0 a 6 anos

Obradoiro de narración oral e música para xogar, contar, cantar e bailar con Xan, con Pedro, co can, co gato e co rato ata caer de cu… polo burato.

—    De  17.30 h a 18 h no Pazo da Cultura

—    De  18.30 h a 19 h no Pazo da Cultura

Calendario Apego 2025

Desde o Servizo de Normalización apuntan tamén que xa está dispoñible o Calendario Apego 2025, con ditos e recitados que acompañaron os momentos de lecer de moitas xeracións de nenas e nenos galegos. Cada mes vai acompañado dunha imaxe cedida polo Concello de Ames e dun dito ou recitado que buscar recuperar a tradición dos xogos de palabras. Este deseño de Ruth Caramés está pensado para imprimir en tamaño A4 e unir as páxinas cun anel ou cordel e, una vez rematado o ano, poder aproveirar os xogos ilustrados.

Imaxe calendario redes Apego

Compartir publicación: