A recepción de preinscricións para ambas actividades terá lugar entre mañá, martes 21 e o xoves 23 no correo migallas@migallas.gal. No caso da impartida en Monte Porreiro, tamén será posible nas mesmas datas a preinscrición presencial no Centro Cultural en horario de 18 a 20h.
As preto de 100 prazas de ‘Artexoga con elas’ destinadas a cativada entre os 5 e os 11, estarán divididas en función da idade en 3 grupos: luns, mércores e xoves de 17.30 a 19h.
‘Xoga e crea con Migallas’, no Centro Cultural de Monte Porreiro contará cun grupo único de 20 prazas para rapazada de 5 a 7 anos, e terá lugar os martes de 18 a 19.30h.
Ambas actividades contarán cun total de 10 sesións entre xaneiro e abril.
Un ano máis as concellerías de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organizan os obradoiros ARTEXOGA CON ELAS e XOGA E CREA CON MIGALLAS. Impartidos por Migallas Teatro, están dirixidos a cativada entre os 5 e os 11 anos e desenvolverán actividades deexpresión dramática, plástica e musical, así como xogos tradicionais para crear un espazo de socialización en galego. Ambos manterán aberto o prazo de preinscrición entre mañá martes 21 e o xoves 23 no correo migallas@migallas.gal e, no caso do impartido en Monte Porreiro, tamén de xeito presencial no seu Centro Cultural en horario de 18 a 20h.
‘Xoga e crea con Migallas’ priorizará, no caso de que fora necesario, a cativada residente na parroquia ao tempo que ‘Artexoga con elas’ fará o mesmo coa rapazada do municipio de Pontevedra.
ARTEXOGA CON ELAS, NO PAZO DA CULTURA
Cada obradoiro constará de 10 sesións de hora e media adaptadas aos períodos lectivos escolares entre a derradeira semana de xaneiro e abril de 2025 a razón dunha sesión semanal e distribuídas consonte os seguintes grupos:
Taller 1: de 8 a 11 anos
Os luns de 18.00 h a 19.30 h
Número de participantes: 25
Taller 2: de 5 a 7 anos
Os mércores de 17.30 h a 19.00 h
Número de participantes: 35
Taller 3: de 5 a 7 anos
Os xoves de 17.30 a 19.00 h
Número de participantes: 35
A actividade terá un prezo total de 50 € co material incluído.
Preinscrición: do 21 ao 23 xaneiro enviando un correo a migallas@migallas.gal cos seguintes datos:
Nome e apelidos do neno/a:
Idade:
Nº de taller:
Nome de familiar ou titor/a de contacto:
Número de teléfono do adulto de contacto:
Enderezo:
No caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, terán prioridade as nenas e nenos residentes no termo municipal de Pontevedra. Se estes tamén superasen o número de prazas ou ben para adxudicar o resto das prazas, faríase un sorteo público. A formalización da inscrición e o pago da cota realizarase directamente con Migallas Teatro cando comece a actividade, na semana do 27 ao 31 de xaneiro.
Máis información en https://migallas.gal/artexoga-con-elas/
XOGA E CREA CON MIGALLAS, NO CENTRO CULTURAL DE MONTE PORREIRO
Trátase duntaller dirixido a nenas e nenos de 5 a 7 anos onde sedesenvolverán actividades deexpresión dramática, plástica e musical, así como xogos tradicionais para crear un espazo de socialización en galego.
O obradoiro constará de 10 sesións de hora e media adaptadas aos períodos lectivos escolares entre xaneiro e abril de 2025 a razón dunha sesión semanal os martes das 18.00 h ás 19.30 h.
Prezo: 40 € por todo o obradoiro, co material incluído.
Preinscrición: do 21 ao 23 xaneiro enviando un correo a migallas@migallas.gal cos seguintes datos:
Nome e apelidos do neno/a:
Nome de familiar ou titor/a de contacto:
Número de teléfono do adulto de contacto:
Enderezo:
Tamén se poden achegar estes mesmos datos de forma presencial ao Centro Cultural de Monte Porreiro eses mesmos días entre as 18.00 h e as 20.00 h.
As prazas non se adxudicarán por orde de entrega da solicitude. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, terán prioridade as nenas e nenos residentes en Monte Porreiro. Se estes tamén superasen o número de prazas ou ben para adxudicar o resto das prazas, faríase un sorteo público. A formalización da inscrición e o pago da cota realizarase cando comece a actividade.
Máis información en: https://migallas.gal/cursos_e_talleres/