O Concello lanza a compra da parcela de Fenosa na Parda por 1,2 millóns de euros 

O alcalde de Pontevedra e portavoz do Goberno, Miguel Anxo Fernández Lores deu conta esta mañá da compra formal da parcela de Fenosa, de máis de 17.000 metros cadrados, no barrio da Parda para incorporala ao patrimonio municipal.

O alcalde explicou que a Xunta de Goberno de hoxe aprobou o prego de condicións que rexerán a adquisición directa da parcela. A empresa terá un prazo de dez días a presentación da documentación necesaria para a formalización da compra.

O custe será de 1,2 millóns de euros para adquirir unha propiedade de 17.534 metros cadrados con tres edificios construídos:

  • Primeiro: unha planta de superficie de 690,15 m2
  • Segundo: planta baixa + 2. Superficie construída de 671,52 m2; 748,895 m2; 538,565 m2, respectivamente
  • Terceira: soto + baixo. 2715,675m2.

O alcalde afirmou que se trata dunha parcela que dará moito xogo ao patrimonio municipal e que o Concello xa estuda as súa finalidade.

Compartir publicación: