O evento, será grazas a esta colaboración dos grupos de percusión, baile e coro, un espectáculo único que só se poderá ver en Pontevedra.
As entradas, nun rango de prezos entre os 19€ e os 27€ (máis gastos de xestión) están xa á venda en Ataquilla.com e, de non esgotarse, unha hora antes na billeteira do auditorio
A St. Patrick´s Cathedral de Dublin, o Glasgow National Concert Hall, o Festival Interceltique de Lorient, a illa de Tatihou en Normandía ou o Kaufman Music Center de Nova York, son algúns dos escenarios seleccionados por Carlos Núñez para a realización deste novo proxecto xunto a Brittany Ferries
Celtic Sea, A Travesia” descóbrenos músicas inéditas e novos artistas do mundo celta atlántico. Toda unha expresión do espírito de irmandade dunha tradición de 10.000 anos de intercambios a través do mar celta.
O edil de Cultura Demetrio Gómez presentou esta mñá acopañado do artista galego Carlos Núñez e do responsable da Aula de Música Tradicional da Universidade de Vigo, Luis Torres recomendando que “hai que ir correndo a coller as poucas entradas que quedan para o concerto deste sábado das que levamos vendidas ¾ partes. A min gustaríame destacar que é un orgullo presentar un concerto como este non só porque teñamos unha figura de tan recoñecido prestixio na música do país, senón porque é un espectáculo único que só se vai poder ver aquí en Pontevedra. Esa colaboración da que agora nos falarán, entre a música de Carlos Núñez e o traballo que fai a Aula de Música Tradicional de Universidade, o grupo de danza e o coro polifónico da Universidade, que son capaces de traballar a este altísimo nivel, só se vai poder disfrutar en Pontevedra.”
Pola súa banda Luis Torres quixo destacar o traballo cultural que se está a facer na Universidade sobre o tradicional. “Na universidade non todo é académico e ríxido, tamén intentamos dentro da internacionalización que queremos facer na Universidade de Vigo, ter os pes na terra e saber de onde vimos e promocionar este tipo de actividades. A Aula de Música Tradicional creouse no 2016 simplemente como un obradoiro. Daquela eramos 15 e agora somos 40. O mesmo sucede co grupo de baile que empezamos a traballar con el no ano 2023 e xa somos 30 persoas, igual que no coro. Nos na Aula de Música xa fixeramos unha pequena colaboración con Carlos no 2021 que supuxo un antes e un despois no desenrolo do noso traballo. Agradecer a Carlos e o seu equipo que contara con nós para este concerto porque se daquela que tocamos unha peza xa foi demasiado, desta volta que imos tocar 6, isto vai ser exponencial. Agardamos estar á altura das circunstancias, para iso estamos traballando.
Pola súa banda Carlos Núñez quixo “agradecer ao Concello, a Demetrio e a Luis por ir con nós da man, por facer este equipo tan interesante e novidoso, de achegamento á universidade. Imos facer o sábado a presentación en Pontevedra da xira “Celtic Sea” que naceu do 50 aniversario de Brittany Ferries, os agricultores da Bretaña que comenzaron a levar os seus productos polas costas do mar Celta. Compuxemos para eles unha sinfonía e un himno. É unha viaxe no tempo e no espazo. A día de hoxe temos xa un pouco máis de coñecemento da tecnoloxía musical ao longo dos milenios. Grazas a ese traballo das universidades, dos especialistas como Rafa Quintía que hoxe temos aquí, antropólogo, que é toda unha inspiración. Xa estamos a traballar en equipo músicos, antropólogos, lingüistas, arqueólogos e entre todos estamos a facer unha reconstrucción desa realidade da que só tiñamos pequenos fragmentos. Esencias nosas que quedaron na música, na enografía. En Galicia todo isto está vivo. Celtic Sea é algo máis que un concerto, estamos facendo entre todos algo novo e levando estas músicas polo mundo con ‘Celtic Sea, A Travesía’ estivemos na St. Patrick´s Cathedral de Dublin, o Glasgow National Concert Hall, o Festival Interceltique de Lorient, a illa de Tatihou en Normandía ou o Kaufman Music Center de Nova York”
A xira chegará o Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro 21 de decembro dentro do ciclo Resoan do Concello de Pontevedra e as entradas, a partir de 19€ máis gastos de xestión están xa á venda en Atquilla.com e, de non esgotarse na venda anticipada, unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do Pazo da Cultura.